Lugo, 2 de xaneiro de 2019. O Goberno da Deputación continúa a organización de actividades lúdicas e educativas dentro da programación de nadal durante os días 2 e 3 de xaneiro. As actividades, dirixidas aos máis pequenos e ás familias poderán desfrutarse nos concellos de Lugo, Triacastela, A Pastoriza, Samos, Chantada, Barreiros, Cervo e O Saviñao; así como na Rede Museística. Entre os diferentes actos podemos destacar a derradeira actuación do ciclo de corais, ademais de animación polas rúas e talleres educativos.
Vive o Centro este Nadal
Dentro da campaña de apoio ao comercio de Lugo, celebraranse actividades gratuítas para os máis pequenos. Terán lugar na Praza Maior de Lugo así como nas rúas do casco histórico, entre o 20 e o 4 de xaneiro.
Mércores 2
– 17:00 horas a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
– 17:00 horas a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
– 17:00 horas a 19:00 horas: Animación de Circo polas rúas do centro.
– 17:00 horas a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior.
Xoves 30
– 12:00 horas a 14:00 horas – 17:00 horas a 20:00 horas: Paseos en Cabaliños Mecánicos, pola Praza Maior.
– 17:00 horas a 20:00 horas: Os personaxes de nadal percorren as rúas do centro entregando caramelos e globos.
– 17:00 horas a 19:00 horas: Animación de A luz do Nadal polas rúas do centro.
– 17:00 horas a 20:00 horas: Obradoiro de Postais na carpa da Praza Maior.
Mercado de Nadal e actividades
Continúa aberto o Mercado de Nadal na Praza de San Marcos, que conta con 13 artesáns, así como unha caseta dedicada a programación propia que inclúe actividades e obradoiros.
Mércores 2
– De 16:00 horas a 20:00 horas: Maquillaxe de Fantasía.
Xoves 3
– De 16:00 horas a 20:00 horas: Xogando cos Sentidos.
O Nadal na Provincia
O Goberno da Deputación leva de xeito completamente gratuíto aos concellos da Provincia 100 actividades dentro da súa programación de Nadal. As actividades para a fin de semana e máis para o luns 31 son as seguintes:
Mércores 2
– 13:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Pavillón Polideportivo Municipal “A Ferrería”,
Castroverde.
– 16:30 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Fonte do Lúar, Triacastela.
– 16:30 horas e 19:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Pavillón do Colexio, A Pastoriza.
– 19:30 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Vivendas Comunitarias, Samos.
Xoves 3
– 10:30 horas e 13:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Auditorio Municipal, Chantada.
– 12:00 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Centro sociocultural Díaz Sampedro de San Cosme, Barreiros.
– 16:00 horas: Queres que cho conte? Palimoco Teatro. Salón de Actos da Casa do Concello, Cervo.
– 16:30 horas e 19:30 horas: Planetario Ciencia Kids. Pavillón Municipal, O Saviñao.
Obradoiros na Rede Museística
O Goberno da Deputación tamén realiza obradoiros na Rede Museística. Tamén continúa o programa Musavisitas pola Rede, que ofrece visitas guiadas gratuítas.
Xoves 3
– 11:00 horas a 13:00 horas: Visita: En busca do tesouro. Museo Provincial de Lugo.
– 11:00 horas a 12:30 horas: Obradoiro: Coñecendo as nosas raíces. Taller de heráldica. Museo Provincial de Lugo.
– 11:30 horas a 13:00 horas: Obradoiro: Contos ao Revés. Museo do Mar.
– 11:30 horas a 13:00 horas: Obradoiro: Camiños de estrelas. Museo Pazo de Tor.
– 17:00 horas a 18:00 horas: Obradoiro: O Noso é puro teatro. Museo do Mar.
Recitais
Derradeiro dos 23 recitais corais que acolle a cidade nestas datas:
Xoves 3
– 20:00 horas: Asociación amigos C. Santiago, na rúa San Marcos, na Rúa Progreso e na rúa da Raiña





















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



