Mondoñedo, 14 de febreiro de 2019.-Tras manter unha xuntanza cos veciños e veciñas de Mondoñedo afectadas polas obras do parque eólico de As Sasdónigas, xestionado por Norvento, o voceiro de En Marea Luís Villares, acompañando polo voceiro de En Marea Mondoñedo Manuel Germade, anunciou que o grupo parlamentario trasladará á Cámara galega as demandas veciñais, motivadas pola afectación de elementos patrimoniais, coma o Camiño de Santiago, un xacemento romano que se descubriu na contorna e outros bens como unha neveira localizada na zona do parque ou a chamada Calzada Vella, o Camiño real que comunicaba a vila con Betanzos e Ferrol.
No caso do Camiño de Santiago, Luís Villares informou que En Marea xa presentou unha demanda colectiva perante o organismo ICOMOS, que se dedica á conservación e protección de monumentos e do patrimonio cultural. “Decidimos plantexar unha denuncia colectiva pola afectación do Camiño en varios tramos, en Mondoñedo, Oia e en Touro porque nos tres casos está habendo afectación ao propio Camiño de Santiago como consecuencia de obras autorizadas pola propia Xunta de Galicia e non entendemos que en plena expansión do Xacobeo e de promoción do Camiño para o vindeiro Ano Santo estean permitindo a mina de Touro, cun destrozo patrimonial, paisaxístico e visual evidente, neste caso co destrozado completo do propio trazado e en Santa María de Oia deixando caer o propio mosteiro”, sinalou o voceiro de En Marea, en referencia a tres casos nos que a Xunta está poñendo en perigo os valores que protexen o Camiño de Santiago.
A maiores dos elementos patrimoniais, as obras levadas a cabo por Norvento están tamén afectando a unha turbeiras ubicadas en Rede Natura e cun alto valor ecolóxico. “Tampouco se documentaron no seu momento fontes e acuíferos que tiñan que ter informado no plan sectorial antes de implantarse os parques”, denunciou Villares.
Finalmente “dende o punto de vista do procedemento expropiatorio houbo varias irregularidades, pois fraccionouse como dous parques o que realmente é un parque só, unhra fraude para pagar menos impostos e para evitar trámites de carácter ambiental, ademais de estaren omitindo trámites da Lei de expropiación forzosa que están prexudicando os propios afectados que non poden alegar en prazo”.
O voceiro de En Marea comprometeuse a trasladar todas estas reivindicacións ao Parlamento de Galicia. “Pediremoslles explicacións porque nos parece un atropelo a todos os veciños de Mondoñedo e a toda a poboación en xeral, dado que o Camiño nos afecta a todos e todas”, concluiu.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



