Viveiro 13-2-19. @s nacionalistas de Viveiro ven improvisación e total falta de planificación do goberno municipal nos traballos de recuperación do xa desaparecido Parque Municipal Pernas Peón e cuxa “morte” achacan á falta dunha política medioambiental municipal definida, tal e como xa demandaran desde o BNG de Viveiro para a contorna do paseo fluvial do río Landro, e a inexistencia dun Plan de conservación e mantemento dos espazos verdes públicos do concello que garantiría a seguridade pública e permitiría á veciñanza poder desenvolver actividades físicas, culturais, deportivas e/ou de esparcimento nestas zonas sen poñer en perigo a súa integridade física.
Desde o BNG de Viveiro aseguran que non se entende que as polémicas actuacións levadas a cabo ata o momento no que fora un espazo de descanso e ocio de referencia para varias xeracións de viveirenses, parezan máis propias de traballos forestais nun dos montes de Viveiro que nunha área de recreo-parque municipal que, aínda a día de hoxe, figura sorprendentemente como reclamo turístico na páxina de Turismo da Xunta de Galicia.
Á vista do penoso e lamentábel estado no que se atopa este parque, logo dun ano de sufrir numerosas talas ata a súa mutilación ao completo, piden ao goberno municipal que informe a súa veciñanza cal é o plan de traballo programado para os vindeiros meses neste espazo, se o concello vai contar coa colaboración dos técnicos de medio ambiente da Xunta de Galiza para desenvolver o proxecto de recuperación ambiental e paisaxística deste parque municipal e se van ser quen de rematar as actuacións de limpeza e recuperación do mesmo antes do comezo da época estival.




















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



