Viveiro, 14 de febreiro de 2019.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, e a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, copresidiron hoxe a Xunta Local de Seguridade, que celebrou unha sesión na Casa do Concello na que se aprobou a adhesión deste municipio ao Protocolo para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero.
A subdelegada do Goberno felicitouse pola celebración desta Xunta Local de Seguridade e agradeceu a iniciativa tomada pola alcaldesa, da que destacou “a sensibilidade que demostra na loita contra a violencia de xénero, que se pon de novo en evidencia coa adhesión ao Protocolo de colaboración para a protección das vítimas de violencia doméstica e de xénero”.
“A loita contra a violencia de xénero non é unha moda, mal que lles pese a algún, nin é cousa dun día internacional”, remarcou a subdelegada e engadiu que “para deixar de laiarnos cada vez que matan ou agreden a unha vítima, temos que colaborar todos, cidadáns e administración. Ningúen sobra e o traballo cocordinado das forzas de seguridade –ás que aproveito para agradecer o moito que traballan- é fundamental para dar protección e amparo ás vítimas”.
Isabel Rodríguez afirmou que “coa súa adhesión ao convenio de colaboración co Ministerio do Interior sobre o sistema VIOGEN, o Concello de Viveiro dá un paso decisivo na protección das vítimas” e considerou que “é moi boa noticia porque as administración locais son as que están más cerca dos cidadáns. Por iso, este Goberno deulle un novo pulo á loita contra a violencia de xénero e unha das primeiras medidas que tomou foi devolverlle competencias na materia aos municipios, dotándoos ademais de recursos económicos”.
FONDOS PARA VIVEIRO
Concretamente, o Goberno transferiu case 155.000 euros aos concellos da provincia de Lugo, dos que 3.500 correspondéronlle ao Concello de Viveiro. No Presuposto Xeral do Estado para este ano estaba previsto duplicar a transferencia de fondos aos concellos para que poidan actuar contra a violencia de xénero. En todo caso, Viveiro vaise beneficiar da prima que teñen os municipios que están integrados no sistema de seguemento integral VIOGEN.
DATOS VIOLENCIA DE XÉNERO
No sistema de Seguemento Integral (VIOGEN), o número total de casos activos de mulleres con domicilio en Viveiro aos que realiza seguemento a Policía Nacional é de 16, dos que 2 están considerados de risco medio, 4 baixo e os 10 restantes de risco non apreciado.
O número de denuncias por malos tratos presentadas neste municipio no 2018 é de 26. No que levamos de 2019 presentouse 1 unha denuncia por malos tratos no concello de Viveiro.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



