Burela, a 7 de febreiro de 2019.- O Grupo Municipal do PP de Burela defendeu no pleno celebrado hoxe no Concello de Burela, ante as mocións sobre sanidade pública e atención pediátrica presentadas polo BNG ás que presentou emendas de substitución, “o mantemento e mellora da atención que se está a dar na sanidade pública galega, que actualmente é recoñecida como das mellores que se presta en España. Nese senso, rexeitan o catastrofismo do BNG e do PSOE que nos catro anos da Xunta bipartita nada fixeron por mellorar a atención sanitaria na Mariña e moito menos por mellorar e ampliar o Hospital da Costa”.
Deste xeito, os populares consideran que “debe darse unha atención pediátrica constante e permanente en todos os centros de saúde, incluído, por suposto, o de Burela, e tamén no servizo de urxencias do Hospital da Costa. Pero para iso é preciso ampliar as prazas MIR de pediatría que é competencia do Goberno do Estado, algo que BNG e PSOE esquecen nas súas mocións”.
No que se refire á praza de logopedia do Centro de Atención Temperá, “no seu día xa presentamos unha moción para que a Xunta manteña e mesmo incremente a subvención que lle dá ao Concello de Burela para esa praza, e que o Concello garanta a praza cuberta durante todo o ano, pero temos que lembrar que o PSOE burelés se opuxo. Non é normal que o PSOE lle pida agora á Xunta garantir a praza de logopedia cando hai tres ou catro meses votaron en contra”.
Emprazan ao Goberno do Estado a crear máis prazas MIR
Desde o Grupo Municipal Popular reiteran que “a Xunta debe continuar coa construción de novos hospitais e centros de saúde e ampliar e mellorar os xa existentes, algo do que se esquecen BNG e PSOE. E tamén con Ofertas Públicas de Emprego para garantir a estabilidade laboral do persoal estrutural do SERGAS ao cen por cen canto antes; así coma empregar todos os recursos legais para continuar reducindo as listas de agarda. Pero temos que lembrar que para ter máis médicos hai que convocar máis prazas MIR e iso depende do Goberno do Estado e, polo tanto, da vontade dos socialistas. Esta petición, por certo, foi xa trasladada pola Xunta formalmente ao Ministerio de Sanidade nunha recente reunión que mantiveron o conselleiro e a ministra”.
Ademais, os populares cren que “os PACs deben manterse e mellorar a súa dotación humana e material en lugar do que a Xunta bipartita pretendía, que era eliminalos”. Polo tanto, “nin PSOE nin BNG están lexitimados para facer ningunha demanda porque o investimento en Burela na época do bipartito na Xunta foi de 0 euros”.
Finalmente, engaden que teñen a convicción de que “a Xunta está estudando a viabilidade de dotar de fisioterapeuta ao Centro de Saúde de Burela”.




















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



