Santiago de Compostela, 08 de febreiro de 19. A deputada socialista Patricia Otero alertou hoxe da “caída libre” no número de traballadores da Pesca na provincia de Lugo, que perdeu “tres ocupados cada mes durante catro anos”. A parlamentaria da Mariña presentou unha pregunta na Comisión de Pesca pola falla de iniciativas do goberno galego mentres os traballadores nos buques pesqueiros de Lugo pasaron de 1.589 a 1.422 entre 2013 e 2017.
A responsable socialista presentou os datos da enquisa Ocupesca, elaborada pola Consellería do Mar cada dous anos, en que reflicte unha situación dramática na súa última edición, de 2017, para unha provincia que aportou unha cuarta parte de toda a pesca galega no que vai de século. Advertiu que o “abandono” do goberno galego ao sector esténdese ao resto de Galicia, onde a poboación ocupada nos buques pasou de 23.800 profesionais en 2009 a 11.377 en 2017.
Otero lamentou o desleixo do goberno galego para reverter unha situación que se está a cebar cun dos principais motores económicos da Mariña, onde se atopan dous dos principais portos de Galicia, os de Burela e Celeiro, ademais de Ribadeo, Foz, San Cibrao e O Vicedo. Alerta dunha taxa de desemprego especialmente alta entre a xente moza, que “non ve o mar como unha opción de futuro”.
Esixiulle ao goberno galego que poña en marcha tódolos mecanismos dos que dispoña para impulsar o relevo xeracional no sector e “frear a perda de ocupación no sector pesqueiro”. Neste sentido, criticou que a Consellería se remita aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro –Galp-, que se teñen demostrado fracasados ata o punto de que “nin vostedes mesmos cren nun mecanismo aos que todas as confrarías teñen renunciado”.



















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



