Xove 14-2-19- Programa de actividades do concello de Xove para o Entroido 2019
Venres, 1 de marzo.A Concellería de Servizos Sociais organiza o Festival de Entroido da Escola Infantil de Xove, que terá como prólogo un desfile polas rúas de Xove para rematar co propio Festival no Salón de Actos do Centro Cívico a partires das 11:00 horas.
Os actos centrais do Entroido, que a Concellería de Cultura preparou para este ano, vanse desenvolver o sábado 2. O Programa para este día é o seguinte:
-16:00 horas.- Pasacalles por Xove a cargo da Charanga “Os Charangos”. Como paso previo, ofrecerán unha pequena actuación na Residencia da 3ª Idade San Bartolo de Xove.
-17:00 horas.- Desfile de Entroido polas rúas de Xove, con saída do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico.
-18:30 a 20:30 horas.- Baile infantil de disfraces coa discoteca móbil Decibelios no Pavillón de Deportes. Nun intermedio deste baile faranse entrega dos premios do Desfile en categorías infantil individual e infantil parellas.
-22:30 horas en diante.- Baile de Disfraces coa actuación do Grupo “Fénix” e a discoteca móbil Decibelios no Pavillón Municipal de Deportes. Nun intermedio deste Baile, sobre as 00:00 horas, faranse entrega dos restantes premios do Desfile de Entroido.
A entrada a estes bailes é de carácter totalmente libre e gratuito.
Dado a inestabilidade do tempo e prevendo que poida empeorar, o Concello vai dispor dunha carpa que cubra prácticamente toda a praza do Centro Cívico.
Aberta a inscrición para participar no desfile
O período de inscrición xa está aberto
-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 1 de marzo incluido, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.
-O mesmo día do desfile (2 de marzo) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.
PREMIOS QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE
PREMIOS COLECTIVOS
Carrozas.
1º premio: 500 euros
2º premio: 350 euros
3º premio (2 premios): 250 euros cada premio
Comparsas e grupos de dez persoas ou máis
1º premio: 300 euros
2º premio: 250 euros
3º premio (2 premios): 200 euros cada premio
Grupos de adultos de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser maiores de 14 anos)
1º premio: 130 euros
2º premio: 100 euros
3º premio (2 premios): 70 euros cada premio
Grupos infantís de 3 a 9 persoas (a metade máis un dos compoñentes do grupo deben ser menores de 14 anos)
1º premio: 120 euros
2º premio: 90 euros
3º premio (2 premios): 60 euros cada premio
Parellas adultos
1º premio: 70 euros
2º premio: 60 euros
3º premio (2 premios): 50 euros cada premio
Parellas infantís
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio: 40 euros cada premio
PREMIOS INDIVIDUAIS
Individuais adultos (de 14 anos en diante)
1º premio: 60 euros
2º premio: 50 euros
3º premio (2 premios): 40 euros cada premio
Individuais infantil (menores de 14 anos)
1º premio: 50 euros
2º premio: 40 euros
3º premio ( 2 premios): 30 euros cada premio
O Concello estableceu catro premios máis:
-Premio ao disfraz máis original (pode ser tando individual como colectivo): 30 euros.
-Premio ao participante máis maior: 30 euros.
-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 euros.-Premio ao participante máis novo, que recibirá un agasallo
As Bases reguladoras da Convocatoria do Desfile poden atoparse na páxina web do Concello: www.xove.es.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



