Ribadeo, 14 de febreiro de 2019. Acisa Ribadeo celebrará este ano, na súa Gala anual, dous importantes eventos: a conmemoración do 30 aniversario de creación da asociación e a entrega dos galardóns a toda unha carreira a catro coñecidos empresarios, que se xubilaron nos últimos meses.
A VIII Gala de Acisa terá lugar no Parador de Turismo de Ribadeo o 22 de febreiro ás 21:30 horas. Previamente haberá un photocall “para que todos e todas os que desexen teñan un recordo da velada. Animamos a todos a asistir con tempo suficiente para facer as fotos e aproveitar e intercambiar impresións entre os asistentes”, explican desde a directiva de Acisa. E lembran que “esta cita é aberta a todo o público que queira acompañar aos homenaxeados nesta edición e aos asociados e asociadas da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos”.
Os galardóns a toda unha carreira serán entregados a Ramona Reigosa García, de Bar A Ribeira, José Luis Botana Veiguela, de Calzados Botana, a Ramón Leivas Lavandeira, do concesionario Ford en Ribadeo, e a Carmen Valdés Múñiz, de Perruquería Carmen. Acisa fai entrega destes recoñecementos “pola traxectoria dos galardoad@s en negocios emblemáticos de Ribadeo, despois dunha vida de servizo cara ao público detrás dun mostrador e como socias e socios destacados que durante moitos anos pertenceron á nosa asociación”.
A venda de entradas para asistir á Gala anual de Acisa realízase nas oficinas da asociación, na rúa Viejo Pancho 13-baixo, ou en Gráficas Ribadeo, na rúa San Roque, 30. Tamén poden reservarse chamando ao número de teléfono 982 120 565 ou no correo electrónico info@acisaribadeo.es, antes do xoves 21 de febreiro. Acisa fai fincapé en que é importante facer a reserva con antelación, xa que as prazas son limitadas.
O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, anima a asistir “a todos os socios e socias dada a importancia da celebración do trinta aniversario, aos empresarios que aínda non son socios, a todos aqueles veciños e veciñas que queiran pasar unha agradable velada, e aos amigos e familiares dos premiados. Tamén animamos aos representantes das asociacións e das comisións coas que colaboramos a que nos acompañen, xa que nos gustaría contar coa súa presenza”.
Desde a directiva de Acisa engaden que “a asociación non pretende obter ingresos a través desta Gala. Os cartos obtidos da venda de entradas é destinado ao pago do menú. A cea consistirá nun primeiro prato de conchas do peregrino recheas de froitos do mar, un sorbete servido por cortesía do Parador de Turismo, morcillo de tenreira estofado con pataca noisette e de browni con noces e xeado de turrón. O prezo é de 30 euros e os asistentes levarán ademais un recordo de conmemoración do trinta aniversario de Acisa”.
Á VIII Gala de Acisa asistirán representantes da Xunta, da Deputación de Lugo, da Mancomunidade de Municipios da Mariña, do Concello de Ribadeo, de entidades coas que colabora Acisa, ademais do presidente da FCAM e representantes das Acias que integran a Federación de Comercio A Mariña, así coma os voceiros naa Corporación Municipal ribadense.
A Gala de Acisa será conducida pola xornalista Carmen Cruzado e estará ambientada musicalmente por un grupo que interpretará varias pezas xa previamente á cea. No evento intervirán o presidente da asociación, así coma os máximos representantes da Xunta, da Deputación e do Concello. Tamén pronunciarán unhas palabras os premiad@s nesta edición.























A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



