Lugo 25-4-19. “Pinga a pinga faise Marea” e “Pasa o recado” son as dúas ideas que nas últimas horas lanzou o equipo de comunicación de Cristina Pérez, cabeza de lista de En Marea ao Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo. Dous vídeos filmados coa axuda de persoas que participan en En Marea e lanzados nas redes sociais que fan fincapé na importancia de sumar, voto a voto, para dotar a Lugo dunha representación forte e implicada coa maioría social da provincia, e na necesidade de espallar esta mensaxe para que o domingo “todas as persoas saiban que poden escoller En Marea para que as cousas melloren”, sinalou Pérez.
Cristina Pérez anima as últimas horas de campaña electoral con dous vídeos nos que chama a apoiar masivamente En Marea
Cristina Pérez anima as últimas horas de campaña electoral con dous vídeos nos que chama a apoiar masivamente En Marea
Relacionado
-
José Tomé supervisa un novo vehículo de altura que se incorpora ao Parque de Bombeiros de Vilalba
-
Villares aborda coas federacións de confrarías o deseño de novas medidas de avance no marco do plan de competitividade e sostibilidade do marisqueo
-
O Presidente subliña que, grazas á Deputación, 2.000 pemes e autónomos xa recibiron apoio gratuíto para a dixitalización