A Pontenova. 30, abril, 2019. O Partido Popular de A Pontenova, que encabeza David Gutiérrez, lamenta que o Concello non solicitase as axudas da Xunta de Galicia ás que pode optar a Festa da Troita como cita de Interese Turístico Galego. Concretamente, dende o ano 2013, a entidade local non tramitou esta axuda autonómica que era de 3.000 euros anuais e que, nesta anualidade (o prazo de solicitude permanece aberto ata o 15 de maio) se incrementa ata os 7.000 euros.
A renuncia voluntaria do alcalde vai en prexuízo da festa, que podería dispoñer de máis recursos para a súa organización e difusión. Tal é así que, por mor do “seu pasotismo e deixación de funcións”, perdeu 15.000 euros nos últimos cinco anos e agora pode perder os 7.000 para a cita desta anualidade
O rexeitamento por parte do rexedor socialista tamén resta visibilidade e apoios a un evento de gran importancia dende o punto de vista turístico, gastronómico e deportivo. Esta cuestión é a que leva ao candidato popular a concluír que “este desleixo municipal amosa falta de traballo do equipo de goberno e falta de compromiso cunha festa que supón un plus para o desenvolvemento socioeconómico de A Pontenova”.
O alcaldable pregunta así “quen son os concelleiros do equipo de goberno para decidir renunciar a un apoio económico que lle corresponde a este evento de xeito directo dende a súa declaración como cita de Interese Turístico Galego, sobre todo, indica, porque calquera apoio, sobre todo económico, como é neste caso, sempre é benvido”.
Gutiérrez remata significando que, de acceder ao Goberno local, traballará por potenciar este cita, como reclamo de atracción turística e como extraordinario incentivo para a economía local.





















A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



