A Mariña, 2 de maio de 2019. A publicación o pasado 29 de abril dos pregos para o novo concurso de ambulancias de Galiza confirma novamente a agresión e desprezo ao que o goberno da Xunta de Galicia ten sometida á comarca da Mariña, ao suprimir, sen aviso previo e de forma inesperada,un dos dous técnicos de transporte sanitario que conforman a dotación de persoal da ambulancias de soporte vital avanzado (SVA) con base en Foz. O inicio da actividade desta ambulancia data do ano 2007, creada co obxectivo de realizar o transporte sanitario urxente , tanto primario ( asistencia extrahospitalaria urxente) como secundario ( interhospitalario). Por definición este tipo de ambulancias deben contar cun cadro de persoal formado por dous técnicos sanitarios, persoal facultativo e de enfermería.
O feito de que se elimine un/ha d@s técnic@s de transporte sanitario só en Monforte e na Mariña confirma unha vez máis as teses mantidas por este colectivo sanitario desde hai tempo e que van no senso de que “ao goberno de Nuñez Feijoo impórtalle moi pouco que comarcas periféricas e alonxadas das cidades queden en inferioridade de condicións en canto a asistenza sanitaria urxente, amosando moi pouco ou ningún interés polo que lles ocurra aos pacientes da Mariña e Monforte, aos que deixa abandonad@s e convertid@s en cidadáns de segunda , algo que non imos consentir”- manifesta Montse Porteiro, coordinadora da plataforma .
A supresión dun d@s técnic@s nesta ambulancia na Mariña , a maiores dun agravio comparativo con outras áreas, pode significar que unha persoa cunha patoloxía que pon en risco a súa vida , onde o tempo e un factor clave para a recuperación das funcións vitais, vexa comprometida a súa vida polo feito de que se tomen decisións políticas que primen os intereses economicistas por enriba das necesidades das persoas . Nunha situación de urxencia extrahospitalaria con parada cardiorrespiratoria ,é imprescindible todo o persoal e cada un/ha ten un papel moi relevante, pois mentres @ facultativ@ ten que adicarse á restablecer a vida aérea e o persoal de enfermería ten que atender á administración de fármacos por vía venosa e ao mantemento da mesma, @s técnic@s son os encargad@s das compresións torácicas , debendo turnarse cada dous minutos , xa que “ manter o ritmo de compresións torácicas adecuado para garantir a recuperación fai imprescindible que se alternen amb@s profesionais”- comentan desde o colectivo.No caso de que nesta mesma situación só dispoñamos dun/ha técnica obrigaría a chamar a un apoio dunha ambulancia de soporte vital básico( SVB) , que están dotadas con dóus profesionais técnicos, deixando descoberto o servizo noutro lugar. “Nunha comarca como esta, onde as estradas son tercermundistas e tardas en percorrela dunha punta á outra máis dunha hora,o feito de ter que solicitar apoio doutra ambulancia por non ter o cadro de persoal completo, significaría deixar desatendidas a outras persoas xa que a dotación de ambulancias de SVB é deficiente na Mariña, ou no caso de contar cun só técnico, diminuir a eficacia das maniobras de reanimación polo lóxico esgotamento do profesional. Igualmente existen outras múltiples situacións de emerxencia sanitaria que se contraindica a presenza dun só técnico”- conclúen @s activistas sanitarios.





















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



