Viveiro 2-5-19. A candidata de CxG para alcaldía de Viveiro, Alba Sanjurjo, avanza que o partido galeguista traballara na “creación un espazo cultural no entorno das naves situadas en Ramón Canosa, co obxectivo de dinamizar a cultura do pobo”. Compromiso Por Galicia ten deseñado un proxecto que inclúe salas de exposicións e servizos, e contará tamén con locais de ensaio e para colectivos.
Dende o concello impulsarase unha liña de actuación, para comprar esas
naves e dotalas cun marcado carácter cultural. Un proxecto ao estilo do espazo madrileño Matadero, mais adaptado as necesidades de Viveiro. Non é un tema menor que estea á carón do recinto municipal usado polo festival ‘Resurrection Fest’, xa que con esta actuación tamén potenciamos ese mesmo recinto.
O proxecto porá a Viveiro na vangarda da cultura a nivel provincial, sendo un polo de atracción de actividade económica e dotando a colectivos e
grupos dun lugar común de traballo.
“Cómpre facer un esforzo político nesta xestión, que pode ser
diferenciadora para Viveiro, e tamén servirá para dinamizar a área de Celeiro no día a día”, segundo manifesta a alcaldable de CxG.