A organización ecoloxista pide ao Estado que rexeite a rebaixa da protección do lobo, baseándose en criterios científicos
Galiza, 12 de xuño de 2025. Ao fío dunha consulta pública aberta polo MITERD, logo que a UE forzara unha do Convenio de Berna sobre o lobo, ADEGA reclama con argumentos científicos ao Estado que se opoña a rebaixar a protección desta especie na Directiva Hábitats.
ADEGA non apoia a modificación proposta dos Anexos IV e V da Directiva Hábitats 92/43/CEE no que atinxe ao lobo (Canis lupus), como consecuencia dun cambio no Convenio de Berna motivado por razóns meramente políticas e contrarias aos obxectivos explícitos da devandita Directiva e á mellor evidencia científica.
A metodoloxía do último censo 2021-2022 para Galiza é moi cuestionable
Os datos que existen sobre a poboación actual do lobo en Galiza figuran recollidos no “Censo do lobo ibérico. 2021-2022”, no cal se estima a presenza de 93 mandas reprodutoras, 21 delas compartidas con outras CCAA e con Portugal.
Logo de transcorrido o prazo para a entrega do Informe Final do censo (marzo de 2022), a Xunta de Galiza realizou no ano 2022 un segundo período de mostraxes parciais dirixido a territorios concretos (fóra do contrato inicial, e do que non consta expediente de contratación) e para o que se estableceu un cambio de metodoloxía. Durante os traballos de campo do ano 2021 contouse, para a detección de evidencias de grupos, con axentes de medio ambiente, do mesmo xeito que se fixera nos censos anteriores. Pero para as novas mostraxes do ano 2022 prescindiuse da súa colaboración, e realizáronse estes censos parciais só para determinadas áreas que no censo xeral deran resultado negativo, o que supón unha sobrerrepresentación da mostra.
A suma destes censos parciais realizados posteriormente supón unha distorsión metodolóxica que condiciona o resultado, ao introducirse unha variable de esforzo desigual de censo aplicado en períodos distintos, o que podería derivar nunha estimación inflada para axustarse a un dato. Deste xeito, o número de mandas detectadas nos traballos de campo de 2021 foi moi inferior á cifra que se recolle no informe final (a suma do detectado no censo xeral 2021 e os parciais de 2022).
Sobre a taxa de crecemento da poboación e o “bo estado” que vendeu a Conselleira
A Xunta compara entre o actual censo de lobo e o anterior e conclúe que os datos revelan que a apoboación de lobo mantén unha tendencia estática na que o número de grupos non tería aumentado nin diminuído de xeito significativo. Porén, o que podería parecer un bo dato, non o é tanto se analizamos a taxa de crecemento da especie. Nos 7 anos de diferenza transcorridos entre os dous últimos censos (2015-2022), a especie experimentou un crecemento do 0,47% por ano.
En estudos de lobos e grandes carnívoros, acéptase que taxas de crecemento entre -5% e +1% indican estancamento poboacional. De considerar os datos só da campaña de censo de 2021 (+/- 76 mandas só para Galiza) estariamos nunha taxa do –2,44%, que debuxaría unha situación de tendencia de regresión. Os estudos científicos indican que a partir dunha taxa do 1% a 10% estamos ante un leve incremento, e que poboacións con crecemento favorable/óptimo son aquelas por enriba do +10% anual, chegando en condicións ideais a +20%.
Polo tanto, á vista destes datos, non se pode asegurar que a poboación de lobo en Galiza medre de xeito favorable e/ou estea en aumento, en contra do que di a Conselleira Ángeles Vázquez.
A desastrosa e acientífica xestión do lobo por parte da Xunta
O diagnóstico da sutuación do lobo en Galiza feito pola Xunta afástase da realidade do coñecemento científico da especie. Debuxa un escenario tendencioso e falseado sobre os impactos na gandería, en especial sobre as razas autóctonas.
A xestión que realizou en todo este tempo nin se preocupou nin logrou reducir a percepción negativa e a frustración das ganderías afectada polos danos da especie. Ao contrario, as actuacións da Xunta contribuiron a empeorala. Pouco ou nada se fixo na comunicación para explicar “para que serve un lobo e a biodiversidade”, a pesar de figurar recollido antes do LESPRE no seu plan de xestión, e na Estratexia de Conservación aprobada tras a súa protección.
A Xunta de Galiza en ningún momento activou o seu propio Plan de Xestión, nin convocou o “foro de participación social do lobo”, nin deseñou campañas en positivo. Así, os propios medios de comunicación públicos, xunto cos privados, non cansan de publicar contidos (pouco contrastados) que só realzan a parte máis negativa do conflito.
Facer (mala) política co lobo
Un dos principais obstáculos que condicionou tanto a protección efectiva do lobo en Galiza como a súa coexistencia coas distintas formas de gandería, ao igual que no resto de CCAA, veu dado pola tendencia a facer un uso político populista e demagóxico ao seu redor, a partir de crenzas infundadas, que calou e se impuxo como indiscutible modelo de xestión.
Como consecuencia, a Xunta, irresponsábelmente, alimentou un conflito que chegou a uns límites onde calquera solución semella xa moi complexa. Esta maneira de facer (mala) política co lobo condicionou a xestión que se veu facendo durante décadas e que demostrou o seu absoluto fracaso.


















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



