Os traballos contan con 330.000€ de fondos provinciais e avanzan co estendido de aglomerado na LU-P-6401, que conecta as parroquias de Suegos e Falcoeira; e na LU-P-6402, que vai da capitalidade do municipio a Cristo de Portapena por Cruz da Pardiñeira
Lugo, 10 de xuño de 2026. A Deputación de Lugo está a rehabilitar no Vicedo dúas estradas provinciais que son fundamentais para as comunicacións do municipio. Trátase da LU-P-6401, que une as parroquias de Suegos e Falcoeira, e da LU-P-6402, que vai da capitalidade do municipio a Cristo de Portapena por Cruz da Pardiñeira. Os traballos avanzan estes días co estendido de aglomerado en quente e inclúen tamén a mellora da drenaxe e a rehabilitación do ramal que as conecta.
Carfelo SL é a empresa encargada das actuacións, que con preto de 330.000€ de fondos provinciais, servirán para rehabilitar a zona na que conflúen estas dúas vías provinciais, ao norte do municipio. Concretamente, os traballos da Deputación renovarán os tres primeiros quilómetros da LU-P-6401 –do 0,6 ao 3,2- que enlazan coa estrada autonómica LU-862; e o treito final da LU-P-6402 –do punto quilométrico 17,1 ao 19,3- á altura da parroquia de Negradas, onde a vía conecta coa LU-P-6401 a través dun ramal de 1,164 quilómetros que tamén se mellorará na súa totalidade.
No Vicedo ademais, a Deputación está a acondicionar a LU-P-6405 con outros 136.000€ en dous tramos da vía. En concreto, esta estrada provincial vai desde a vila ata o Alto de Moreiras por Vilasuso. O proxecto inclúe o acondicionamento dun tramo de máis de 700 metros, do quilómetro 1,400 ao 2,155; e dun segundo treito, que supera o quilómetro, entre o 3,493 ao 4,693.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



