Vilalba, 10 de xuño, 2026. Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa respecto do demandado Centro de Día. A formación municipalista vén de anunciar o rexistro dunha proposta para solicitar da Xunta de Galicia “o mesmo trato en termos de financiamento que o que está a recibir o resto de concellos da contorna cos que, nas últimas décadas, se conveniaron obras destinadas á posta en marcha de centros e residencias de maiores de xestión 100% pública”.
Así o explicou o voceiro municipal e vicealcalde de Vilalba, Modesto Renda, quen contextualizou a moción que defenderá no Pleno na necesidade de “instar á Xunta, como administración competente en política social, a poñer fin á discriminación inxusta que o Concello de Vilalba leva sufrindo desde hai demasiado tempo”.
Renda lembrou que “onte coñeciamos pola prensa que a Xunta asinaba un convenio co Concello de Outeiro de Rei para construír un centro de día público na localidade: máis de 600.000 euros de investimento directo nun servizo que un concello como Vilalba, cabeceira de comarca, precisa coma o comer”.
Desde Vilalba Aberta lembran que levan máis de dez anos reclamando da Xunta o cumprimento do Estatuto de Autonomía e a colaboración co Concello, chegando a incluír no seu programa electoral “unha ubicación e un plan de desenvolvemento claro para facer realidade este servizo”.
A nova iniciativa, rexistrada agora con Vilalba Aberta no goberno, marca tamén distancias coa que Renda cualificou como “lexítima oferta privada que se prestará no antigo hotel Villamartín por parte do Grupo Rosalba Gestión”.
“Desde Vilalba Aberta sostemos firmemente que a futura residencia privada anunciada non pode, en ningún caso, substituír un servizo que entendemos necesariamente público, gratuíto e accesible para toda a veciñanza”, concluíu.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


