Alfoz, 23 de maio de 2019.- “Dende o Goberno Municipal socialista puxemos nestes 4 anos os cimentos, agora toca continuar o proxecto progresista que permita mellorar o futuro de Alfoz”, subliñou o Alcalde, Jorge Val, no mitin celebrado este xoves e no que participou o Senador do PSOE pola provincia de Lugo, César Mogo, a Deputada socialista no Parlamento Galego, Patricia Otero, e a Secretaria de Organización Local, Arantxa Incera.
O rexedor socialista destacou que “partíamos dunha situación moi negativa, de parálise e abandono por parte do Partido Popular, pero neste mandato logramos asentar unha boas bases para dar o cambio en positivo que necesitaba Alfoz e para que os nosos veciños contaran con prestacións básicas que non tiñan. Acondicionamos accesos, instalamos alumeados, melloramos as traídas de auga, rehabilitamos edificios públicos e ofrecemos atención profesional aos nosos maiores. E o fixemos porque a nosa prioridade foron sempre as persoas e resolver os seus problemas, gobernando para todos. Problemas herdados pola mala xestión do PP. Pero iso xa é pasado. Hai que mirar cara adiante, cara ao futuro e iso só será posible da man do PSOE”.
“Os veciños son conscientes de que cando aos socialistas vainos ben a eles tamén porque o demostramos con feitos. O Fixemos dende o Goberno da Deputación destinando máis de 1,4 millóns e o estamos facendo dende o Executivo Central defendendo o Estado de Benestar. Agora é o momento de continuar con este camiño. Por iso, este domingo estou convencido de que os veciños de Alfoz encherán as urnas de votos para seguir medrando e avanzando”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



