Alfoz 1-5-19. Máis da metade dos membros da lista son novos nela respecto á anterior convocatoria electoral municipal. Somos 16 persoas na lista e 9 son novas nela (un deles xa estivera hai anos como Concelleiro de Cultura, pero logo estivo apartado durante uns cantos anos da política).
Inclúense moita xente nova na lista, sendo a máis unha rapaza de 20 anos e o máis maior un home de 68 anos. A media de idade dos membros da lista é de 39,5 anos.
Entre os que compoñen a lista hai diversidade de cualificación profesional. Varios son gandeiros e varios son administrativos. Hai varios profesores e tamén varios estudantes universitarios. Cubrimos tamén o sector rural, pois temos un enxeñeiro agrícola e varias persoas con preparación no sector forestal, tan importante no noso concello. Acompáñannos na lista tamén varios empresarios no sector da madeira e do comercio. Temos unha experta en saúde ambiental. Varios autónomos cobren varios sectores laborais: pintor, albanel, camioneiro, electricista… Contamos tamén cun veterinario que exerce o seu labor na zona da Mariña. Igualmente, algúns membros da nosa lista son expertos en procesos químicos e industriais, en mecanizado e en electromecánica. En definitiva, cubrimos un amplo espectro profesional.
A continuación ós membros da lista.
1. JOSÉ VÁZQUEZ PEINÓ.
Lugo, 1960.
Independente.
Licenciado en Ciencias da Educación. Profesor durante 7 anos no colexio Castro de Ouro e durante 22 anos no Instituto Alfoz-Valadouro, onde foi Xefe de Estudos durante 7 cursos. Membro fundador do Seminario de Estudos do Valadouro. Colaborador en diversas iniciativas culturais no concello. Concelleiro de Cultura en Alfoz entre os anos 2011 e 2015.
2. JUAN JOSÉ FRAGA PAZ.
Lagoa, 1977.
Enxeñeiro agrícola. Propietario Xerente de Casa Barbeiro e NarXosé. Colaborador en diversas iniciativas culturais no concello. Presidente local do Partido Popular en Alfoz. Membro da Comisión de Medio Rural e membro da Executiva Provincial do Partido Popular. Concelleiro no concello de alfoz durante 12 anos.
3. RAQUEL ROUCO IGLESIAS.
Lagoa, 1981.
Independente.
Técnica Superior en Administración e Finanzas e en Saúde Ambiental. Actualmente traballa de florista. Colaboradora habitual en asociacións e iniciativas culturais do concello.
4. JACOBO GEADA ADRIO.
Mor, 1985.
Diplomado en Ciencias Empresariais. Traballa actualmente como administrativo en Agro Forestal Rouco. Colaborador en asociacións e actividades deportivas no concello.
5. JESICA GARCÍA FRAGA.
Abadín, 1992.
Titulación en Xestión Administrativa e como Forestal. Traballa actualmente na estación de servizo Río Ouro de Alfoz. Colaboradora en eventos ecuestres.
6. DANIEL REJES TROBO.
Bacoi, 1996.
Graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente atópase cursando un Máster sobre Historia Contemporánea na mesma universidade. Presidente local das Novas Xeracións do Partido Popular. Vicesecretario e membro do Comité de Dirección das Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia. Colaborador en diversas iniciativas culturais no concello.
7. MARCO VÁZQUEZ LÓPEZ.
Bacoi, 1979.
Autónomo pintor. Colaborador en asociacións e actividades culturais no concello.
8. NEREA PENA VIGO.
Adelán, 1998.
Grao de Enxeñería en Procesos Químicos e Industriais. Actualmente está a continuar coa súa formación académica. Colaboradora en diversas iniciativas culturais no concello.
9. ALBERTO SOUTO FRANCO.
Mor, 1975.
Xerente no serradoiro Hijos de Ramón Rubal. Colaborador en iniciativas culturais e deportivas no concello.
10. ANA MARTÍNEZ REGO.
Lagoa, 1996.
Ciclo Superior de Administración e Finanzas. Traballa en Insuíña Grupo Pescanova, en Xove.
11. JOSÉ JUAN LORENZO RUBAL.
Mor, 1968.
Independente.
Licenciado en Medicina Veterinaria. Traballa como veterinario na Mariña Central e tamén é empresario no concello de Alfoz. Foi Concelleiro de Cultura de Alfoz durante 16 anos. Colaborou en iniciativas culturais no concello.
12. FERNANDO RICO VAL.
Oiras, 1974.
Albanel e camioneiro. Traballa actualmente neste último oficio. Colaborador en iniciativas deportivas do concello.
13. IVÁN FERNÁNDEZ PERNAS.
Lagoa, 1995.
Formación Profesional nas especialidades de Mecanizado e Electromecánica. Condutor de camións. Actualmente traballa na súa granxa en Lagoa. Colaborador en iniciativas veciñais.
14. REBECA FRAGA PAZ.
Lagoa, 1975.
Licenciada en Matemáticas pola USC, con coñecementos en Administración Local. Profesora de Matemáticas e Economía no Instituto María Sarmiento de Viveiro. Publica libros de texto na Editorial MacMillan. Traballou de Administrativa no concello de Alfoz. Foi membro da Comisión do Mercado Medieval de Alfoz nas oito últimas edicións.
15. GERARDO CAO VEIGA.
Budián, 1963.
Autónomo electricista. Colaborador en iniciativas veciñais.
16. JESÚS PAZ PUMARES.
Carballido, 1950.
Gandeiro e matachín. Foi Presidente da Comisión do Mercado Medieval. Colaborador en iniciativas culturais e veciñais do concello.
O acto de presentación da Candidatura vaise celebrar o vindeiro 10 de maio no Restaurante A Naranja, de Carballido (Alfoz).






















O acto será este venres, 8 de maio, ás 20.30h na biblioteca El Viejo Pancho, conducido por Xermán Viluba.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.



