Viveiro 16-5-19. O BNG impulsará medidas para un Concello máis democratizado e transparente para dotar á cidadanía de máis información de poder.
Fronte a isto, o BNG de Viveiro propón medidas que impulsan a participación cidadá, que o convirtan nun Concello aberto e transparente. Iván Pena, número 4 da candidatura e responsábel de comunicación do BNG advirte que “hai moitísimo traballo que facer nesta materia” e avanzou que “retransmitiremos os Plenos e publicaremos de xeito áxil os acordos e decisións tomadas polo Goberno mediante a web ou uso de taboleiros veciñais. É fundamental elaborar xuntanzas abertas coa veciñanza e presentar uns orzamentos participativos e en data, para poder incluír á cidadanía no día o día do Concello dispoñendo de información e capacidade de decisión. Ademais garantiremos máis transparencia no acceso ao emprego público, na contratación de sevizos, e nos Convenios de Colaboración, elaborando unas bases claras e públicas, unha das reivindicacións que foron reiteradas nas reunión abertas cos colectivos. Tamen informaremos de maneira puntual do estado dos proxectos en execución no Concello, tal é como nos comprometemos no noso programa. Precisamente co noso programa xa dimos un exemplo de boa xestión, participación e transparencia, elaborado tras numerosas reunións con colectivos, abertos, e será o único proxecto de cidade que poderá ser analizado pola veciñanza con tempo suficiente antes de depositar o seu voto.”
Miriam Bermúdez recorda, “todo esto vén reflexado no apartado 12 do noso Programa de Goberno, de feito somos a única formación cun programa público, con acceso a toda a veciñanza, porque temos as ideas claras e sabemos como facelas realidade.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



