Mondoñedo, 1 de Maio do 2019. A candidatura está encabezada polo actual portavoz municipal no concello de Mondoñedo, Eloi Cabanas Ramos, que declara que o novo proxecto co que se presenta a formación nacionalista a estas eleccións “combina a experiencia e a solvencia dos que xa formaron parte da corporación en anos anteriores e a ilusión e o compromiso de traballo das novas incorporacións”.
UNHA LISTA RENOVADA NUN 40%, INTEGRADA POR 7 MULLERES E 8 HOMES CUNHA MEDIA DE IDADE DE 42 ANOS
Para Eloi Cabanas, esta lista demostra que en Mondoñedo hai futuro, “queremos liderar un goberno nacionalista e de esquerdas no concello, con xente capaz e con novas ideas para desbotar o conformismo e mudar a realidade cotiá dos nosos veciños e veciñas”.
“É posible facelo, e de feito estámolo a facer alí nos concellos onde gobernamos como Ribadeo, Pontevedra, Allariz ou Carballo”.
O BNG declara que a súa aposta de goberno para os vindeiros 4 anos estará baseada en traballar para cumprir os acordos plenarios promovidos polo BNG nos pasados catro anos, corrixir as deficiencias no mantemento das infraestruturas e os espazos públicos, mellorar o benestar social da veciñanza e loitar por un rural vivo con políticas para frear o declive demográfico que padece o concello.
“A nosa prioridade absoluta, en definitiva, será a de abordar estratexias dirixidas a recuperar o dinamismo económico e a creación de emprego no noso concello, e para iso tamén é preciso un goberno reivindicativo que non sexa compracente cos gobernos doutras administracións”, conclúe.
CANDIDATURA DO BNG DE MONDOÑEDO PARA AS MUNICIPAIS DE MAIO DO 2019:
1. ELOI CABANAS RAMOS.
Bombeiro Forestal do Servizo de Defensa e Prevención Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia. Actual portavoz de BNG no concello.
2. MARÍA ELENA FREIRE CASTRO.
Dependenta, concelleira do BNG.
3. JOSEFA CARBALLEIRA DÍAZ.
Desempregada.
4. ANDRÉ OUTEIRO GARCÍA.
Traballador autónomo nunha empresa local das TICs.
5. MANUEL ANLLO CENTENO.
Graduado en Turismo.
6. CLARA VILA VÁZQUEZ.
Estudante do Grao de Dereito.
7. PABLO RODRÍGUEZ GARCÍA.
Graduado en Arquitectura Técnica, Técnico de Obra.
8. AMADOR PUMARIÑO PÉREZ.
Técnico Superior Deportivo, Diplomado en Educación Primaria e licenciado en Psicopedagoxía. Monitor Deportivo e Entrenador Persoal.
9. MARÍA ESMERALDA IRIMIA BALSEIRO.
Técnica en Emerxencias Sanitarias do 061 de Galiza.
10. FELICIANO BERDEAL-GONZÁLEZ BERDEAL.
Fontaneiro autónomo.
11. MARÍA DEL CARMEN MASEDA DÍAZ.
Técnica en Coidados Auxiliares de Enfermería no Hospital Público da Mariña, concelleira do BNG.
SUPLENTES:
1. MARÍA AMANDINA SALGUEIRO CASTRO.
Técnica en Atención Sociosanitaria en Institucións Residenciais.
2. FRANCISCO GONZÁLEZ OLVEIRA.
Traballador por conta allea.
3. YOLANDA PUMARIÑO PÉREZ.
Mestra de Primaria e dona dunha librería en Lugo.
4. MANUEL ORLANDO GONZÁLEZ CRUZ.
Médico xubilado, Ex-alcalde de Mondoñedo.























O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



