Santiago, 1 de maio de 2019.- O Grupo Popular defenderá no Pleno do Parlamento de Galicia da vindeira semana unha proposición non de lei a través da que se demanda aos concellos galegos a elaboración de plans de emerxencia ante situacións de seca, así como levar a cabo as actuacións necesarias na rede municipal de abastecemento para solucionar os problemas existentes e evitar a perda de auga na rede. Así mesmo, noutra proposición non de lei o Grupo Popular demandará á Xunta o inicio da contratación neste ano dos proxectos construtivo e de impacto ambiental do desdobramento do treito A Pobra de San Xiao-Nadela da vía de altas prestacións entre Lugo e Monforte.
O Grupo Popular considera que garantir a subministración de auga, en cantidade e calidade adecuada, esixe unha necesaria coordinación entre todas as administracións con competencias na materia, de xeito que haxa unha resposta áxil, acertada e coordinada por parte de todas as administracións competentes para enfrontarse aos efectos do cambio climático.
PLAN DE SECA PARA GALICIA-COSTA
A Xunta de Galicia elaborou o Plan de Seca da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, dotándose así dun instrumento que permite á administración, ante un posible episodio concreto de seca, a identificación, avaliación, seguimento, toma de decisións e posterior adopción de medidas precisas de cara a minimizar os efectos adversos derivados desta situación.
Pero tamén é necesario que as administracións locais se doten de instrumentos xurídicos adecuados para poder xestionar estes eventos de seca coa dilixencia e eficacia que a súa propia natureza demanda. Así, os plans de emerxencia de abastecemento por risco de seca constitúen os instrumentos básicos de planificación das administracións públicas responsables dos sistemas de abastecemento urbano para xestionar estes posibles períodos de escaseza de precipitacións.
Aínda que a obriga se estableza para os grandes municipios, os pequenos concellos tamén deberían contar con plans de emerxencia e deberían ter a opción de poder elaboralo por si mesmas ou ben co apoio das deputacións provinciais. Deste xeito, o Grupo Popular cre necesario que as deputacións presten apoio a aqueles municipios que carezan de recursos técnicos e económicos para a realización dos plans de emerxencias ante situacións de seca, ao tempo que a Xunta preste asesoramento e apoio cando así sexa requirido por parte das administracións locais.
COMPROMISO ELECTORAL
Por outra parte, a orde do día da sesión plenaria que terá lugar a vindeira semana tamén incorpora a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a iniciar a contratación en 2019 dos proxectos construtivos e de impacto ambiental para o desdobramento do treito A Pobra de San Xiao-Nadela da vía de altas prestacións entre Lugo e Monforte.
Na actualidade, e en cumprimento do programa electoral do PPdeG para as eleccións autonómicas de 2016, o Goberno galego ten licitado e adxudicado a redacción do proxecto nun tramo de 11,5 quilómetros entre Sarria e a saída Páramo-A Pobra de San Xiao. Os orzamentos deste ano contemplan unha partida de un millón de euros para a licitación das obras ao longo do próximo ano.
Diante desta situación, cómpre avanzar este ano na redacción do proxecto de desdobramento do resto do trazado entre Nadela e Sarria, co obxectivo de ir efectuando os trámites administrativos que permitan materializar o antes posible a conversión desta vía de altas prestacións en autovía.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



