Foz 2-5-19. Os Técnicos en emerxencias sanitarias que prestamos o servizo das ambulancias asistenciais do 061 (AA-SVA- M e AA- SVB) na Mariña, denunciamos en Foz a perda de calidade que sufrirá o servizo de urxencias extrahospitalarias co novo contrato ofertado polo Servizo Galego de Saúde e a Fundación Publica Urxencias Sanitarias de Galicia-061, na publicación dos novos pregos de condicións para a prestación do servizo de transporte sanitario urxente terrestre.
Nos devanditos pregos aparece reflectida a supresión dun TES (Técnico de Emerxencias Sanitarias). Na actualidade a ambulancia medicalizada (AA-SVA- M), conta en cada quenda de garda con doas TES, un Médico e un DUE do mesmo xeito que o resto de ambulancias medicalizadas do territorio galego. Tras o recorte a dotación humana só estará formada por un TES, un Médico e un DUE, situación que non se producirá no resto de ambulancias medicalizadas existentes.
A perdida dun Técnico, figura fundamental na asistencia ás emerxencias no territorio galego, comporta un empeoramento na calidade do servizo en moitas patoloxías onde o tempo de resposta é vital. O equipo humano é fundamental para atender esa patoloxía ou situación e a presenza dos dous técnicos para poder localizar e chegar o punto da emerxencia é de gran
importancia sobre todo nunha zona rural como é o ámbito de actuación deste recurso de soporte vital avanzado.
Tamén denunciamos que os novos pregos van en contra de moitas das Instrucións Técnicas que establece a Fundación Publica Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o correcto funcionamento dos recursos asistenciais. Indicar por exemplo situacións de IMV (Incidente de Múltiples Victimas) onde están especificadas cales son as funcións dos DOUS técnicos que
chegarían en primeiro lugar ao devandito incidente. Lembramos o accidente vivido no verán de 2014 na A-8 en Mondoñedo, este recurso con base en Foz foi o encargado da coordinación in situ do incidente. Cada membro desta dotación formada por catro persoas conta cunha función especificada polo 061 e tras a supresión dun TES non se poderá cumprir de forma correcta o protocolo de IMV que o 061 ten establecido en Galicia. Sumamos a este exemplo multitude de situacións onde a presenza de ambos os técnicos é indispensable: actuación nas paradas cardíacas, mobilizacións e inmobilizacións de pacientes, pacientes axitados, etc.
A maiores este servizo de SVA realiza traslados interhospitalarios e ante a posibilidade de encadear varios servizos os condutores non terán opción de descanso podendo sumar un número de horas de condución esaxerado, afectando á seguridade do paciente, da dotación e dos demais usuarios da vía pública. Na actualidade os dous TES conducen por quendas minimizando os efectos que produce unha condución dun servizo que pola súa natureza esixe moita concentración. Nos devanditos traslados xeralmente de pacientes graves e inestables poden xurdir complicacións nos cales a presenza dun TES na cabina asistencial é imprescindible.
A estas circunstancias súmaselle que a Mariña Lucense é unha zona cunha escasa dotación de AA- SVB (Ambulancias Soporte Vital Básico), sendo na actualidade 4 traballando as 24 horas do día e repartidas nas poboacións de; Viveiro, Burela, Mondoñedo, Ribadeo e unha en Foz que desde o recorte de persoal en 2011 só traballa 12 horas en horario de 10 da mañá a 10 da
noite.
Por todo isto os Técnicos mariñáns reclamamos traballar en igualdade de condicións que nas demais ambulancias medicalizadas existentes en Galicia, e así evitar as diferenzas na atención que sufrirán os habitantes na Mariña e a creación de pacientes de primeira e segunda no territorio galego. Tamén rescatamos unha reivindicación existente dende 2011, tras un recorte inxusto no horario da ambulancia de SVB con Base en Foz, este servizo segue cun horario recortado a 12 horas algo que consideramos inxustificado e que empeora os tempos de resposta na súa área de influencia.






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



