Viveiro, 14 maio, 2019. O candidato do PP á Alcaldía de Viveiro, Óscar Rodríguez, asegura que o seu programa de Goberno avoga por impulsar medidas en diferentes eidos e sectores que dun xeito conxunto contribuirán a crear unha cidade “máis viva, atractiva e funcional”, o que se converte nunha fonte de oportunidades para o comercio, a artesanía e, en definitiva, os negocios locais.
Óscar Rodríguez participou esta tarde nun encontro co sector do comercio e da artesanía local, no que tamén participou a directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal e Elena Fabeiro, xerente da Fundación Artesanía de Galicia. Este foro serviu tanto de análise das oportunidades e da importancia que ten o comercio local nunha cidade como a de Viveiro, como de posta en común das liñas mestras do programa co que o popular concorre aos próximos comicios do día 26.
O alcaldable defendeu a importancia de que o sector reciba o “impulso” que demanda xa que “son un dos motores que traen riqueza e economía a Viveiro”. Por iso, o candidato defende que “contamos cun programa realista e ilusionante que avoga polo avance da cidade con melloras en espazos públicos, infraestruturas e apoios directos dende a administración local para que o desenvolvemento económico de Viveiro funcione o mellor posible”.
Un proxecto realista e ilusionante
O alcaldable expuxo o compromiso de promover un Plan de Recuperación do Casco Histórico como espazo habitable e tamén de oportunidades para a artesanía e o pequeno comercio. Anunciou tamén a adhesión do Concello ao programa ‘Concello Emprendedor’, o que permitirá a rebaixa de impostos como é o IBI, así como a redución da burocracia.
Óscar Rodríguez tamén defende a necesidade de crear un viveiro de empresas e de habilitar espazos para facilitar o emprendemento nos primeiros anos. Promoverán tamén un concurso anual sobre unha iniciativa innovadora para Viveiro. Do mesmo xeito, ofertaranse obradoiros de emprego e accións formativas para desempregados e un servizo de acompañamento na xestión administrativa. A potenciación da industria pesqueira será outro dos seus obxectivos.
Cidade en “constante transformación”
Unha cidade “en constante transformación” con melloras no seu urbanismo é outra das claves da candidatura que encabeza Óscar Rodríguez. Apostan pola ordenación da Fachada Marítima de Viveiro en tres treitos: Puente-Casino; Casino-Consellería de Pesca e Cofradía-Muelle Norte de Celeiro. No proxecto de Goberno inclúese a recuperación do Parque Pernas Peón mediante un Concurso internacional de deseño.
Tamén promoverán iniciativas como a creación dunha zona ampla adaptada a mascotas, a rexeneración medioambiental entre Puentes (P. Ferrocarril e P. Misericordia) e a realización dun carril bici Covas-Viveiro-Celeiro, con inclusión do acceso peonil entre Zona Lodeiro e Praia de Covas.
Outra das medidas concretas incluídas no programa baixo o lema de ‘Centrados en Viveiro’, é a adecuación da estrada Viveiro-Cabreiros (LU-540). Unha mellora que inclúe sete novas zonas para adiantar, actuacións no trazado de curvas, colocando proteccións ao acceso de animais soltos e, todo isto, enfocado ao proxecto simultáneo do desdobramento desta vía.
Turismo máis accesible e cultura viva
O candidato avoga por un turismo máis accesible. Crearase un Patronato de Turismo e aposta por desenvolver un Plan Estratéxico a corto e medio prazo. Acometerán tamén limpeza, saneamento e apertura de praias e a apertura e accesibilidade de camiños, rutas de sendeirismo e rutas BTT e a súa sinalización así como o desenvolvemento de turismo adaptado.
Óscar Rodríguez fala tamén de cultura “viva” e para iso propón a creación do Museo da Semana Santa, a rehabilitación do Convento de San Francisco; a xestión tripartita da financiación do conservatorio, a posta en valor do patrimonio histórico local (Casa Calvo Sotelo, Castros, Necrópolis…) así como a creación do Patronato Cultural, de salas de exposicións e de centros de interpretación.


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



