Burela, 30 de xullo, 2019. A Mariña desprende arrecendo a fútbol sala. O Pescados Rubén Burela FS xa está recibindo o cadro que pelexará no regreso a Primeira División LNFS, con inicio oficial de pretempada este xoves, 1 de agosto. O lugués Álex Diz, unha das catro caras novas do proxecto, xa conta as horas para o comezo dos adestramentos: “Veño para axudar co meu grao de area, para dar o máximo posible tanto dentro coma fóra da pista, para cumprir con todo o que me diga Juanma” explicaba o ala, acompañado na súa presentación oficial polo presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego.
“Estou moi ilusionado por esta nova etapa nun club singular e preto da miña casa. Un dos grandes motivos polos que me decidín foi porque coñezo a moitos dos xogadores e pola filosofía do club, coa que me sinto moi identificado” explicaba o xogador de 24 anos, procedente do Osasuna Magna.
Despois de formarse na estrutura de Azkar e de tres tempadas en Santiago Futsal, Álex Diz regresa a Galicia: “Aínda son moi novo, pero volvo como un xogador con máis experiencia. A tempada en Navarra serviume moito para seguir formándome. Son un xogador ofensivo, con boa calidade de pase e visión de xogo, ademais de ter moitas ganas de seguir mellorando”, así se definía o lugués, moi concienciado da dificultade da volta ao traballo e da esixencia do novo reto: “Estes días, de pretempada, van ser duros loxicamente pero afróntoos con moitas ganas. Sabemos que vai ser un ano difícil, todos os equipos se reforzaron moi ben. No entanto, tamén sabemos que temos capacidade para cumprir os obxectivos; pero iso só será posible con traballo e constancia” reflexionaba o novo laranxa.




















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
