Burela 5-7-19. E que di Ledicia de todo este barullo???
A Feira do Bonito naceu no seo de Ledicia no ano 1983 … xa choveu
Do grupo de persoas que a botaron a andar, destacan catro nomes que nos gustaría citar: Angel Rodríguez, presidente da asociación nese intre (e durante os primeiros 20 anos da asociación), Jesús Gómez Lareo, membro da xunta directiva e gran impulsor da feira, Federico Ruiz, director da cociña e creador da salsa que acompaña o bonito asado e lle da ese toque especial; e Lucio Palacios Salvador, colaborador e autor do cartel da primeira feira, entre outros.
Mirando ese cartel polo miudo, podemos ver …”24, 25, 26 e 27 de agosto”, o 27 reseñado en vermello porque ese era o dia do bonito; os anteriores estaban adicados ás xornadas de teatro, baile e música tradicional organizadas pola asociación. O bonito foi o remate da festa.
A relación de Burela co Bonito era tal, que co patrocinio inicial da Confraría de Pescadores e o From, e o traballo d@s voluntari@s de Ledicia a festa raizou e comezou a medrar.
Mudaron os tempos e os organismos oficiales e o modo de colaborar, pero Ledicia perseverou na loita, e pasados mais de 30 anos a Feira sigue aqui. Continúan as visitas a diferentes despachos de empresas e organismos, continúan os quebradeiros de cabeza e continúa sobre todo o traballo da xente impulsado dende Ledicia, pero aberto a todalas mans.
A Feira ten mais anos dos que Burela ten como concello, ningunha das partes por si sola sería hoxe en día capaz de levala adiante, deixou de ser un complemento para ocupar -arroupada con outras actividades- un lugar importante no verán de Burela e da Mariña de Lugo , necesita de todos para manterse viva.
GRACIAS ás persoas que dende S.C.R. Ledicia inciaron o camiño, sementaron ben.
GRACIAS ás empresas que confían en nós e agardan cando é preciso.
GRACIAS ás autoridades que en cada momento souberon ver o potencial da Feira.
GRACIAS á veciñanza e ás persoas que nos visitan ano tras ano
GRACIAS a tódalas mans que traballan na Feira independentemente das suas ideas.
O traballo en conxunto deu e da como resultado a Feira do Bonito que coñecemos, que trata de mellorar paso a paso, que fai de Burela un punto de referencia, que non esquece de onde ven, que atopou no Bonito unha bandeira común que ten como base o amor pola terra e polo mar que nos axudou a medrar.
…Isto é o que di Ledicia






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



