Cervo, 5 de xullo, 2019. Os socialistas denuncian que “nun concello coma o noso, de menos de 5.000 habitantes, no que cada día perdemos máis poboación, onde os servizos son deficientes e caída de actividade é notoria e palmaria, non podemos consentir que o goberno se permita este gasto”. Neste senso, o Grupo Municipal Socialista destaca que “esta subida non se pode xustificar de maneira algunha, xa que a súa xestión caracterízase por ser froito da improvisación e da inactividade, porque incremento de investimentos non houbo por ningures”. O portavoz dos Socialista en Cervo denuncia a falta de xustificación do Partido Popular para incrementar os salarios dos seus concelleiros. Francisco U. Mon asegura que “o gasto que terán que asumir tódolos veciños para cubrir o pago dos salarios do equipo de goberno será excesivo. Nestes vindeiros catro anos, contaremos coa dedicación do Sr. Alcalde, que novamente se subeu o seu salario, e tres parciais que suporán un coste anual total de 130.000€, que si a comparamos coa lexislatura pasada sube mais dun 50%.
Os membros do Grupo Socialista subliñaron que “ademais de subir o gasto para estas catro dedicacións, tratan de encubrir outros tres salarios coa asistencia de outros tres concelleiros ás Xuntas de Goberno. Pois por formar parte das mesmas, ás que só asisten membros do Partido Popular, cada persoa recibirá 150 euros e aínda que se programa unha cada 15 días, ao final véñense celebrando bastantes mais ao mes”.
Pola contra, os Socialistas engadiron que “por asistencia aos plenos municipais, nos que están representados tódolos grupos políticos, a retribución que se fixa é de 50€, a mesma retribución que no 2007 e hai que recordar que non se celebran cada 15 días, senón que contamos con un cada dous meses. Todo apunta a que a liña na toma de decisións vai ser a mesma e o traballo dos concelleiros do PP parece ser máis valioso que o dos demais”.
En positivo so se pode dicir, que a proposición do Partido Socialista de Galicia -PSOE, se aprobou por unanimidade a creación dunha Comisión Informativa de carácter permanente para impulso e seguimento do PXOU, que leva mais de 15 anos parado e que tan necesario é para o Concello de Cervo.
CREACIÓN DUN POSTO DE ASESOR EXTERNO
O portavoz socialista asegura que “o trato discriminatorio que estamos vivindo a día de hoxe no Concello é alarmante. Pero é que ademais de repartir o diñeiro das arcas municipais en beneficio propio e deixar a austeridade para o resto, nunha mostra máis de “despilfarro e gasto esaxerado” crean un posto de asesor externo do goberno en materia de información e comunicación, é dicir, para publicitar e dar autobombo ó Partido Popular, pero iso si, pagado por tódolos veciños e veciñas de Cervo, nada mais e nada menos que case 25.000 euros ó ano.
O NOSO COMPROMISO COS VECIÑOS MANTENSE INTACTO
Os Socialistas subliñaron que “é vergoñento que utilicen unha administración pública coa intencionalidade de solucionar intereses particulares. Esta é a forma en que lle pagan ós veciños e veciñas de Cervo a súa confianza do pasado 26 de maio”. A discriminación é total e absoluta e hai que recordar que todos somos representantes dos veciños de Cervo. Para que exista un goberno ten que haber oposición, e viceversa. Que non pensen que por recibir menos euros non faremos o noso traballo, será todo ó contrario, faremos máis con menos. Estaremos pendentes de cada paso co único obxectivo de que non se prexudique ós veciños e esixíndolle a este goberno un esforzo maior para conseguir nestes catro anos todo o que non logrou ata o día de hoxe”.
GRUPO MUNICIPAL PSdeG-PSOE CERVO



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



