Viveiro, 8 de xuño, 2019. O Grupo Municipal do Partido Popular de Viveiro solicitará en Pleno que cada un dos grupos políticos que obtiveron representación na Corporación Municipal tralas eleccións municipais do pasado 26 de maio poidan dispoñer dun local nas dependencias do Concello de Viveiro. Os populares piden que o local estea dotado de equipo informático con acceso a información municipal, impresora, teléfono e papel, así como acceso a fotocopiadora “para poder executar as nosas funcións como concelleiros e concelleiras nas mesmas condicións que os integrantes do equipo de Goberno”.
Con ese mesmo obxectivo e o de desenvolver a súa actividade “con liberdade e transparencia”, propoñen dende o Grupo Popular no Concello de Viveiro que “cada un dos grupos políticos da Corporación que non dispoñemos de dedicacións parciais nin similares e que, polo tanto, temos dificultades para adaptarnos aos horarios de apertura do Concello dispoñamos dunha chave para o acceso ao correspondente local”.
Igualdade entre os concelleiros e concelleiras de Goberno e oposición
Os populares indican que “segundo o artigo 77 da LBRL os membros das Corporacións Locais teñen dereito a obter do Alcalde ou Alcaldesa ou da Xunta do Goberno, cantos antecedentes, datos ou información obren en poder dos servizos da Corporación e resulten precisos para o desenvolvemento das súas funcións”. Así, “dende a nosa posición de velar polos intereses dos nosos veciños e veciñas entendemos que o dereito ampara por igual a todos os concelleiros e concelleiras, tanto os que estean no Goberno, como na oposición”.
Dende o Grupo do PP de Viveiro cren que “a participación da cidadanía é un elemento fundamental na actual sociedade democrática”. Así mesmo, entenden que “o mellor xeito de poder atender as peticións dos viveirenses para trasladalas ás comisións ou plenos correspondentes é ofrecendo proximidade e facilitándolles o contacto directo con seus representantes. Por iso cremos preciso contar con acceso a un local para o exercicio das funcións que nos outorgaron os nosos veciños e veciñas”, conclúen.


















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



