Cervo, 5 de maio do 2026. O Concello de Cervo vén de formalizar un novo convenio de colaboración co Club Deportivo San Ciprián, ao que destina unha achega nominativa de 19.000 euros con cargo ao orzamento municipal deste exercicio. Esta partida específica reflicte o firme compromiso do goberno local co deporte base e co apoio ás entidades que contribúen de maneira decisiva á dinamización social e á promoción de hábitos de vida saudables no municipio.
Máis alá da contía económica, desde o Concello quérese salientar especialmente que a relación co Club Deportivo San Ciprián vai moito máis aló deste convenio puntual, xa que se trata dunha colaboracin constante, fluída e baseada na comunicación permanente. Ambas entidades manteñen un contacto directo e continuo ao longo de todo o ano, o que permite coordinar actividades, e dar resposta de forma áxil ás demandas que xorden no día a día.
Esta sintonía tradúcese nun traballo conxunto que favorece a organización de eventos deportivos, o mantemento das instalacións, o impulso das distintas seccións do club e a participación activa da veciñanza con obxectivo comúns centrados na promoción do deporte para todas as idades.
O convenio foi asinado esta mañá na Casa do Concello pola alcaldesa, Dolores García Caramés, e o presidente do club, Eduardo Rubal, nun acto no que se puxo en valor esta relación de cooperación continua.
A alcaldesa destacou que “o Club Deportivo San Ciprián é un exemplo do que significa traballar con constancia e compromiso polo deporte local, e para nós é fundamental manter esta colaboración estreita, diaria e baseada na confianza mutua”. Así mesmo, engadiu que “non falamos só dunha axuda económica, senón dunha relación viva, de acompañamento permanente, que nos permite avanzar xuntos e ir mellorando cada ano”.
García Caramés incidiu tamén en que “este contacto continuo facilita que o Concello coñeza de primeira man as necesidades reais do club e poida actuar con rapidez, apoiando tanto a organización de actividades como o crecemento das distintas disciplinas”.
O Club Deportivo San Ciprián destaca polo seu traballo incansable e pola súa capacidade para aglutinar múltiples disciplinas deportivas, entre as que se atopan o fútbol, o tenis de mesa, o piragüismo, o atletismo, o voleibol, baloncesto infantil ou pádel, ofrecendo alternativas para persoas de todas as idades e contribuíndo a fortalecer o espírito deportivo do municipio.
Desde o Concello de Cervo reiteran o seu compromiso de continuar fortalecendo esta relación de colaboración estable, convencidos de que o traballo coordinado coas entidades deportivas é clave para seguir facendo de Cervo un referente no ámbito do deporte e da participación cidadá.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.


