A renovación do saneamento da rúa Plácido Peña, cun investimento de máis de 800.000 euros, marca un pleno centrado nas necesidades reais da veciñanza
Vilalba, 5 de maio de 2026. O Concello de Vilalba aprobou esta mañá, nun pleno extraordinario, un paquete de proxectos que supoñen máis dun millón de euros en investimentos destinados á mellora de servizos básicos e infraestruturas tanto no casco urbano como nas parroquias. A maioría das actuacións contaron co apoio unánime da corporación, agás a renovación do saneamento da rúa Plácido Peña e a modificación do viario no campo da feira, nas que o PP se abstivo.
Renovación do saneamento en Plácido Peña: 817.944 euros
Entre as actuacións destaca a renovación integral da rede de saneamento da rúa Plácido Peña, cun investimento de 817.944,21 euros. Trátase dunha intervención clave para mellorar o funcionamento dun servizo esencial e resolver problemas de filtracións e deficiencias existentes.
A alcaldesa, Marta Rouco, subliñou que se trata dun proxecto “fundamental para garantir un servizo básico en condicións”. Ademais, reclamou un maior compromiso das administracións competentes no ciclo da auga, lembrando que a veciñanza de Vilalba achegou 1,8 millóns de euros a Augas de Galicia desde 2012, dos que só se revertiron 15.000 euros mediante unha subvención solicitada polo Concello.
Melloras en accesos e viarios no rural
O pleno aprobou tamén:
– Rexeneración dos accesos a Cabanamille (Belesar): 48.380,64 euros
– Actuación no acceso ao polígono industrial desde a LU-P-6502: 150.000 euros
– Melloras en vías municipais en Oleiros, Román, Lanzós e San Simón da Costa
Estas intervencións buscan reforzar a accesibilidade e a seguridade viaria en puntos estratéxicos do municipio.
Novo espazo infantil no campo da feira
Tamén saíu adiante a modificación do viario no campo da feira para crear un novo espazo infantil, financiado a través do Plan Deputación.
Unha liña de traballo continuada
A alcaldesa destacou que estes investimentos “chegan a todo o territorio e responden a necesidades reais da veciñanza”, reafirmando o compromiso do goberno local con seguir avanzando na mellora de Vilalba.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



