Viveiro, 6 de maio, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro destaca a súa aposta por unha solución seria, coordinada e útil para financiar a rehabilitación da Praza de Abastos. Os socialistas subliñan que a Deputación Provincial de Lugo continúa valorando fórmulas de apoio económico, a pesar de que o goberno local decidiu destinar a outras actuacións os 600.000 euros do Plan Deputación, a principal liña ordinaria de investimento da institución provincial.
Aclaración sobre o financiamento da obra
O PSOE considera necesario explicar á veciñanza como se está construíndo o financiamento desta actuación. O Concello presentou o proxecto a distintas liñas doutras administracións:
– Unha convocatoria da Xunta de Galicia específica para mercados e prazas de abastos
– Unha convocatoria do GALP para proxectos de dinamización e mellora
Porén, cando tocou decidir o destino dos fondos do Plan Deputación, o Concello non asignou ningún euro dos 600.000 dispoñibles para esta obra. Agora, solicítase á Deputación un esforzo extraordinario de 248.000 euros para cubrir a parte restante.
Un debate que require cooperación, non simplificación
Co obxectivo de evitar un debate reducido a un falso “si ou non” á Praza de Abastos, o Grupo Socialista presentará unha emenda de substitución á moción do Partido Popular. A proposta ampliará a petición de financiamento extraordinario ao conxunto das administracións implicadas, mantendo abertas todas as vías de colaboración.
Os socialistas insisten en que non están en contra da actuación, senón a favor de que se xestione con responsabilidade e cooperación institucional.
Continuar as xestións con todas as administracións
A emenda instará a seguir traballando ante: Xunta de Galicia,Deputación Provincial de Lugo e Concello de Viveiro
O obxectivo é sumar esforzos e garantir a viabilidade definitiva da rehabilitación.
Compromiso coa veciñanza
“Queremos que a Praza de Abastos saia adiante, pero tamén cremos que os veciños e veciñas teñen dereito a saber que esta obra non foi incluída na liña ordinaria de financiamento da Deputación e que, malia iso, a institución provincial continúa estudando vías de colaboración”, sinalan desde o Grupo Socialista.
O PSOE asegura que seguirá traballando para que Viveiro conte con esta actuación, desde a responsabilidade, a planificación e a lealdade institucional.





















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



