Como unha das xustificacións que alegaron os grupos políticos defensores da moción de censura no Concello de Viveiro, estaba o impulso da variante.
Para a memoria quedan as promesas do PP na Xunta, no ano 2000, hai 26 anos, dixeron que ían facer unha vía rápida, pois segundo eles unha autovía “non cubriría as necesidades da Mariña”; posteriormente, no 2003, Feixóo como Conselleiro de Política Territorial dicía que a variante de Viveiro sería o primeiro tramo da vía rápida Ferrol-Barreiros; logo, xa no 2009, co PP de novo na Xunta, o conselleiro Agustín Hernández comprometíase a finalizar todo o corredor antes do 2017. Anuncios feitos, obras ningunha.
A realidade é que os dous únicos treitos dese corredor actualmente en funcionamento, a circunvalación de Ortigueira e o de Area a Xove, foron licitados polo Goberno Bipartito.
Agora, moción de censura por medio, o Consello da Xunta vén de anunciar que vai iniciar o proceso de información pública dunha parte da “variante” entre Area e Fontecova.
Mais sorpresa non está na falta dunha circunvalación completa de Viveiro, pois a pesares desta obra o tráfico do Ortegal seguirá pasando por diante da Porta de Carlos V, o máis significativo é que anuncian un treito de só 6,2 km cun tempo estimado de percorrido de 6,22 minutos. É dicir, a velocidade media nesa “variante” será de 59,81 km/h.
Namentres Viveiro ten este tratamento pola Xunta do PP vemos como se anunciaron recentemente actuacións en autovías en Sarria, de Santiago a Brión ou na Costa da Morte. E neste tempo que vai dende o primeiro anuncio do PP sobre o corredor na Mariña, no ano 2000, a mesma Xunta fixo a autovía do Morrazo, de Ferrol-As Pontes- Vilalba, a de Ourense a Celanova, do Salnés, do Barbanza e a do Baixo Miño.
Pola contra, na Mariña, en Viveiro, van pasando os anos vivindo de promesas e tócanos dicir que “chove, dámoslle a alcaldía ao PP, cando en realidade mexan por nós”.
Fica claro que só unha resposta democrática, cando toque votar, mais tamén un amplo e permanente proceso mobilizador pode sacar á Mariña e a Viveiro deste “día da marmota” no que os anos van pasando e os avances non existen, nin en infraestruturas pero tampouco na sanidade pública.
Fernando Branco Parga
Veciño de Covas


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



