A Deputación vén de restablecer a circulación na estrada provincial LU-P-6502 apenas unhas semanas despois do inicio dos traballos de reparación da infraestrutura, que colapsou á altura de Muras a causa dos temporais sufridos no inverno
Lugo, 5 de maio de 2026. A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa, tras o arranxo dunha ponte no termo municipal de Muras. A circulación quedou restablecida esta mañá, apenas unhas semanas despois do inicio dos traballos de reparación da infraestrutura, que colapsara á altura do quilómetro 22,2 a causa dos fortes temporais.
As obras contaron cun investimento da institución provincial que superou os 27.000€. O proxecto incluíu, por unha parte, na desmontaxe e demolición da antiga ponte, e por outra as actuacións necesarias para a construción da nova: saneo do terreo, cimentación, colocación dos marcos prefabricados, execución dunha soleira empedrada na parte interior e impermeabilización da exterior, execución dun sistema de drenaxe e aletas, reconstrución do firme e instalación de barreiras de seguridade.
Situada entre a Terra Chá e o sistema montañoso do norte da provincia, esta estrada é moi importante para a comunicación de varias parroquias do rural de Muras e a súa conexión con Vilalba. Nesta zona da provincia, sen alternativas directas, os desvíos obrigan á veciñanza a percorrer máis quilómetros, polo que a actuación da institución provincial permitirá reducir os tempos de desprazamento e reforzar a seguridade viaria nunha zona de baixa densidade de poboación e gran dispersión.
Mellora de seis quilómetros do firme
A institución provincial comezará agora outras obras para a mellora do firme nun tramo de seis quilómetros desta estrada, unha actuación que forma parte dun proxecto máis amplo que inclúe, ademais, a rehabilitación doutro treito ao inicio da LU-P-3402, que conecta A Gañidoira coa parroquia do Viveiró cun orzamento de 250.000€























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



