José María Fernández: “Os datos do Consello de Contas non admiten interpretacións; a xestión de Rubén García levou ao Concello á quebra técnica. Trabada merece un goberno que respecte os cartos públicos e aos veciños e que saiba xestionar con responsabilidade e non con improvisación”
Trabada, 5 de maio de 2026. Os concelleiros do PP de Trabada amosan a súa fonda preocupación ante os “máis que preocupantes” datos económicos que veñen de saír á luz do Consello de Contas. A radiografía realizada por este órgano sobre a saúde das administracións locais confirma “o que levamos tempo advertindo: o Concello de Trabada atópase nunha situación de colapso financeiro froito da xestión irresponsable de Rubén García”.
O voceiro popular, José María Fernández, lamenta que a realidade de Trabada “chegase a este punto crítico”. O informe sinala que os ingresos correntes non son suficientes nin sequera para facer fronte aos gastos ordinarios e á amortización da débeda pendente. “Esta asfixia económica tradúcese nunha solvencia nula, deixando ao Concello sen capacidade de manobra nin liquidez para afrontar pagamentos urxentes ou investimentos básicos”, criticou.
José María Fernández apunta directamente a Rubén García como o responsable desta deriva: “Estamos ante unha xestión neglixente que priorizou o gasto sen control sobre a estabilidade orzamentaria. Hoxe, Trabada non ten cartos para o día a día porque se gastou o que non se tiña”.
Unha situación que pode ter consecuencias moi negativas para todos os veciños de Trabada, como que se poña en risco a prestación de servizos municipais ou que non se podan realizar investimentos necesarios, entre outros.
José María Fernández esixe unha explicación inmediata e transparente por parte do goberno local. “Os datos do Consello de Contas non admiten interpretacións; a xestión de Rubén García levou ao Concello á quebra técnica. Trabada merece un goberno que respecte os cartos públicos e aos veciños e que saiba xestionar con responsabilidade e non con improvisación”, sentenciou.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



