A proba, terceira cita do Campionato Galego de Rallys de Asfalto, celebrarase os días 8, 9 e 10 de maio con base en Viveiro
Lugo, 5 de maio de 2026.- A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, presidiu esta mañá na Subdelegación do Goberno a xuntanza de seguridade para coordinar o dispositivo con motivo da celebración do VIII Rally Mariña Lucense, que terá lugar os vindeiros 8, 9 e 10 de maio.
Durante a reunión analizáronse os detalles organizativos dunha proba que será a terceira cita do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2026 e que contará cun percorrido total de 365,41 quilómetros, dos cales 105,09 serán cronometrados. O rally estrutúrase en tres treitos diferentes, todos eles a triple pasada.
A subdelegada destacou a importancia de “garantir a máxima seguridade tanto para os participantes como para o público asistente”, ao tempo que puxo en valor “a colaboración e coordinación entre todas as administracións e organismos implicados, clave para o bo desenvolvemento dun evento destas características”.
Neste sentido, insistiuse na necesidade de respectar as indicacións das forzas e corpos de seguridade, así como a sinalización establecida ao longo do percorrido, co obxectivo de evitar riscos e asegurar o correcto desenvolvemento da proba.
A base da competición estará situada no concello de Viveiro, e o trazado discorrerá tamén polos municipios de O Vicedo, Cervo, Xove e Burela, o que require unha coordinación especial entre administracións e corpos de seguridade.
Na xuntanza participaron representantes da Xefatura Provincial de Tráfico, Policía Nacional, Garda Civil, Subsector de Tráfico, Deputación Provincial, concellos implicados, organización da proba (Escudería MixRallySports), Consorcio de Bombeiros e a Federación Lucense de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil.
O dispositivo especial de seguridade contará cun despregamento coordinado de efectivos ao longo de todo o trazado, con especial atención aos puntos de maior afluencia de público.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

