Ribadeo, 7 de maio, 2026. Un grupo de traballadoras de Arenal Perfumerías da tenda de Ribadeo convocou unha concentración para protestar polo despedimento dunha das súas compañeiras, tras denunciar á empresa por vulneración de dereitos fundamentais.
Os feitos remóntanse a meses atrás, cando seis traballadoras, integrantes dunha sección sindical pertencente ao sindicato CNT, solicitaron a apertura dun protocolo por acoso contra a responsable da tenda de Arenal Perfumerías en Ribadeo. A empresa non abriu o protocolo ata que foi denunciada por vulneración de dereitos fundamentais, despois de non dar ningún tipo de resposta nin aplicar medidas cautelares nin resolver o procedemento en máis de seis meses. Como resposta a esa denuncia, unha das traballadoras implicadas foi despedida, nunha acción que consideran unha clara represalia por exercer os seus dereitos sindicais.
As convocantes sinalan que o despedimento é unha resposta directa á actividade sindical da sección e á denuncia presentada contra a compañía por vulneración de dereitos fundamentais. Por iso, esixen xustiza para a súa compañeira e garantías dun entorno laboral libre de acoso e represalias.
A concentración terá lugar o sábado 9 de maio ás 19:00 horas na rúa San Roque, números 2-3 (fronte á tenda Arenal), baixo o lema:
“Se tocan a unha, respondemos todas”.
As organizadoras animan á cidadanía e aos colectivos veciñais e sindicais a sumarse ao acto en defensa dos dereitos laborais e contra as represalias por sindicarse e defender os seus dereitos dentro da empresa.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz



