Viveiro, 7 de maio, 2026. O BNG de Viveiro trasladou ao goberno municipal as demandas da veciñanza dos barrios de As Congostras, Alvarelle e O Pedregal, en Covas, relativas ao mal estado das estradas e vías públicas da zona.
A portavoz municipal do BNG, Iria Cotelo, visitou recentemente estes barrios xunto aos concelleiros Seve Salgueiro e Carmen Mariño. Durante a visita mantiveron un encontro coa veciñanza, que lles fixo un percorrido polas zonas afectadas para trasladarlles de primeira man as deficiencias e o deterioro que presentan as vías públicas destes núcleos.
Os representantes nacionalistas puideron comprobar o notable deterioro do pavimento na estrada que transcorre desde o Camiño de Santo Albite, pasando por Alvarelle e o camiño do cemiterio, ata desembocar no Pedregal.
Segundo explica Iria Cotelo, “hai tramos con fendas importantes que xa provocaron danos en vehículos e mesmo a caída dalgunha veciña, o que evidencia a urxencia dunha actuación integral de reparación”. A portavoz nacionalista destacou que “é evidente o abandono que sofre esta zona e a necesidade de que o Concello actúe canto antes para garantir unhas condicións mínimas de seguridade”.
A veciñanza está actualmente a impulsar unha recollida de sinaturas para reclamar ao Concello unha intervención inmediata na zona, iniciativa que conta co apoio dos concelleiros do BNG, que xa deron traslado destas demandas ao goberno municipal no pleno ordinario de maio.
“O rural e os barrios periféricos tamén merecen atención e mantemento. Non pode haber veciñanza de primeira e de segunda dependendo do lugar onde vivan”, afirma Cotelo, quen reclama ao executivo local que actúe “con responsabilidade e celeridade” para solucionar o problema.
Desde o BNG insisten na necesidade dun plan de mantemento das estradas municipais que permita evitar situacións de abandono como a que presentan actualmente As Congostras, Alvarelle e O Pedregal.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



