Cada 1 de maio o movemento obreiro celebra a súa Festa do Traballo, lembrando os feitos de Chicago de 1886, cando varios traballadores perderon a vida reivindicando unha xornada laboral digna. Desde entón, esta data convídanos a mirar o mundo laboral na súa realidade de cruz e de esperanza.
O bispo de Mondoñedo‑Ferrol, Fernando García Cadiñanos, subliña que o mundo do traballo vive unha profunda transformación marcada pola globalización e pola revolución tecnolóxica, na que a intelixencia artificial xoga un papel determinante. A tecnoloxía —afirma— debe ser aliada do ser humano, nunca unha ameaza. Tamén lembra que os conflitos internacionais e os intereses económicos xeran incerteza e medo ante unha posible recesión.
O prelado destaca que a cultura actual condiciona a forma de afrontar o emprego, xerando desaxustes entre oferta e demanda e deixando baleiros difíciles de comprender. Neste contexto, a poboación migrante convértese nun apoio esencial para soster o sistema.
Un mundo laboral con feridas abertas
O bispo expresa a súa preocupación por un mercado laboral que segue deixando fóra a demasiadas persoas: desemprego, subemprego, precariedade, brecha de xénero, mobilidade constante, salarios insuficientes, temporalidade abusiva, sinistralidade laboral e deterioro da saúde mental. Unha realidade que afecta especialmente ás xeracións máis novas.
O Informe FOESSA de Galicia sinala melloras nos indicadores laborais —crecemento da ocupación, descenso do paro e redución da temporalidade—, pero tamén evidencia que isto non garante a integración social. Os salarios reais apenas medran e a inestabilidade grave segue afectando a miles de persoas. “O emprego xa non garante saír da exclusión”, recolle o informe.
O bispo lembra o valor do traballo segundo a doutrina social da Igrexa: non só como medio de vida, senón como camiño de crecemento persoal, relación, expresión, corresponsabilidade e construción do ben común.
Poñer á persoa no centro
Neste Día do Traballo, o bispo chama a redescubrir que a economía debe poñer no centro á persoa, non a rendibilidade. O afán de lucro —afirma— destrúe e xera sufrimento. Por iso, urxe recuperar unha ética do coidado que humanice e sosteña a vida económica.
Este compromiso interpela a toda a sociedade: traballadores, empresarios, sindicatos, consumidores, forzas políticas e sociais. Cada quen, desde o seu lugar, pode contribuír a construír un mundo laboral máis xusto.
O voso irmán e amigo,
Fernando García Cadiñanos
Bispo de Mondoñedo‑Ferrol




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



