Ribadeo, 1 de maio de 2026. Para Mamá con ACISA, é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo está a desenvolver ata o 5 de maio. Acisa sorteará tres premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e un conxunto de colar e pendentes, creación de Mon Castro para Terra Branca.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliña que “para agasallar nesta data poden atopar todo o que precisan nos negocios de Ribadeo, que agardan contar coa fidelidade da súa clientela unha vez máis. Para sorprender ás mamás na nosa vila temos de todo, xunto a un trato personalizado e próximo e tamén asesoramento. E na hostalería local poderán celebralo en familia como se merece”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou que “as persoas que realicen as súas compras entre o 23 de abril e o 5 de maio poden cubrir as papeletas para entrar no sorteo do Día da Nai. Son 10.000 as papeletas repartidas e é a primeira campaña na que participan os negocios da Praza de Abastos de Ribadeo, recentemente adheridos á nosa asociación”.
O sorteo non presencial terá lugar o día 7 de maio nas instalacións de Acisa, que agradece o apoio das empresas colaboradoras: “grazas a Bodegas Docampo e a Terra Branca, que nos doan estes importantes premios para a campaña do Día da Nai de Acisa, que as persoas afortunadas poderán desfrutar segundo as condicións marcadas por cada establecemento”.
A campaña do día da nai de Acisa Ribadeo conta coa colaboración de Comercio Galego e a Xunta de Galicia.
Días azuis
No comercio segue tamén a campaña dos Días Azuis, organizada pola Federación de Comercio Galego en colaboración coa Xunta e as asociacións locais, que ten lugar ata o 30 de abril. En total póñense en xogo 20.000 euros repartidos en 44 tarxetas prepago de 250 euros e 60 tarxetas de 150 euros. Para poder acadar algún dos premios a clientela de Ribadeo o único que ten que facer é rexistrar as compras destes días na web www.diasazuis.com























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



