Ribadeo, 27 de agosto de 2019. Deu comezo esta mañá en Ribadeo o VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias. Alí seguirá ata o vindeiro venres. Polas mañás hai diferentes ponencias e polas tardes son os talleres. Máis de 80 persoas están a participar neste Fórum, no que o venres se renderá homenaxe ao empresario Eduardo Barreiros. Álvaro Doural, o presidente de Apaga (asociación organizadora), convida á poboación a asistir á proxección da película e á posterior charla sobre a vida deste coñecido empresario galego, que tamén recalou en Cuba.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia dixo que “ás ponencias estanse desenvolvemento segundo o previsto durante a mañá e pola tarde teremos os obradoiros prácticos, todo como estaba planificado e seguindo co esquema que se estableceu xa hai moitos anos”.
Álvaro Doural lembrou que “o venres teremos un acto que creo que vai ser moi emotivo e que, como as demais actividades do Fórum, está aberto a todos os que queiran vir. Creo que pode ser moi interesante porque vamos contar co director da película sobre Eduardo Barreiros, que é Simón Casal; o actor principal, Manuel Regueiro; e un grupo de enxeñeiros que traballaron na factoría de Barreiros en Madrid, para rematar coa intervención do xornalista Martín Fernández Vizoso, que falará sobre Barreiros en Cuba. Esta actividade vai ser no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias a partir das cinco da tarde e rematará cun viño e uns pinchos, co que concluirá este oitavo Fórum”.
Máis de 80 persoas están a asistir ao VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga e que se desenvolve en Ribadeo. Chegaron procedentes das catro provincias galegas, de Asturias, León, Zamora, Madrid, Toledo, Pamplona e tamén de Portugal.

























Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



