Eran aqueles tempos en que todos coñecemos a famosa “prima de risco”, ese sistema macroeconómico do estado para financiarse, cando un triunfante pero gris Zapatero anunciou que China invertía 9.000 millóns de euros en salvar a España do rescate. O que se esqueceu de contar era o motivo de que China fose tan xenerosa, supoño que non polas dotes de Zapatero, pero imos vendo. Hoxe parece ser que a potencia asiática ten o 20% da nosa débeda soberana.
Dende aquela, os intereses do maior estado comunista mundial en Africa foron medrando no relativo a pesca. Acordos con estados do corno africano e fortes inversións en portos e infraestruturas, iso si a o bo sistema de crédito comunista. Mauritania, Santo Tomé e Príncipe, Guinea-Bissau, Serra Leona, Namibia, Gabón, Camerún, Somalia e Angola teñen xa acordos de pesca coa China. E a expansión segue.
Son máis de 2.500 buques de gran altura os que abastecen a súa demanda interna e dominan máis dun terzo do total de capturas mundial na actualidade, mais non cobren de ese xeito a totalidade da demanda propia. É segundo analistas dos EUA, unha estratexia militar da república popular é controlar o abastecemento interno de peixe e de ese xeito actúan.
Non é preciso contar que a maior flota mundial nos anos 1980 era a de España e a maior proxección en augas non xurisdicionais era a flota Galega, con moitos intereses en Africa. Intereses que non sempre foron ben defendidos dende Madrid e Bruxelas, cuestión que fai que a flota galega estean en constante risco na actualidade diante dunha situación xurídica inestable nas relacións UE e Africa. Baleiro que aproveitou a flota asiática.
China está na actualidade mirando cara América do Sur, e os seus caladoiros, hoxe explotados de forma ordenada e sostible pola nosa flota de gran altura, pero ó igual que Gran Sol ameazados polo Brexit e as posibles consecuencias.
A resposta dos gobernos do estado é tímida, en ocasións incluso de costas ó sector e tomando medidas que propician o abandono das empresas da loita por unha actividade que en Galicia ten un forte impacto, a aposta forte da UE é a acuicultura e o peso da pesca na estratexia europea de España é menos que pouco. No relativo a Galicia temos que entender que a pesca é parte da nosa propia identidade e parte da forma de vida do noso pobo e tamén é un motor económico importante, polo que urxe un grande pacto político pola pesca galega e unha unidade de acción entre políticos e sectores implicados para ter peso en Bruxelas.
Da que pensar: a República Popular China soamente mercou débeda? Ou tiña moeda de cambio, a pesca galega?
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



