Ribadeo, 8 de agosto de 2019. O Concello de Ribadeo ven de sacar a licitación traballos de tratamentos preventivos contra incendios forestais de xeito mecanizado para desbroce nas marxes de camiños forestais para un máximo de 90 quilómetros e por un orzamento base de licitación de preto de 23.000 euros.
Estes traballos consisten na roza mecanizada da faixa auxiliar en ambas marxes de vía cunha anchura de 2,5 metros por cada una das marxes mediante pase de rozadora de brazo hidráulico axustada a tractor.
O concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, explica que “esta actuación fundaméntase en dúas razóns directamente relacionadas coa seguridade. Por una banda, na circulación de vehículos e persoas por estas infraestruturas aproveitando ao máximo o ancho destas vías e coa visibilidade idónea, e por outra banda, estaría a prevención e defensa contra os incendios forestais, reducindo a vexetación que pode actuar como combustible e creando barreiras á propagación dos lumes”.
O edil ribadense engade que “foi subscrito un convenio inter administrativo entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Ribadeo para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais cofinanciado parcialmente co FEADER. A achega da Xunta de Galicia a este convenio representa o 26 % do orzamento”.
Mundiña conta que “os posibles licitadores poderán consultar esta oferta na Plataforma de Contratos do Estado (PLACE) e presentar as súas proposicións durante dez días hábiles”.






















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



