Lugo, 20 de setembro.- A Xunta de Goberno aprobou a segunda edición da Copa Deputación de Fútbol Sala, unha competición en marcha que convoca 27 equipos da provincia: 9 femininos e 18 masculinos de distintas categorías senior.
A Área de Deportes inviste na organización da competición 17.000 euros, que se distribúen entre os clubs particpantes, en función dos encontros disputados, co que se apoia economicamente a estas entidades que promocionan o deporte na súa contorna xeográfica e que, no caso dos conxuntos femininos, contribúen tamén a dar máis espazo e visibilidade á muller no deporte.
Neste sentido, a Vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, remarcou tamén que “os premios son iguais tanto na categoría feminina como masculina feminina. 1000 euros para o equipo campión, e 600 para o subcampión. Debería ser o habitual pero a miúdo vemos como os premios en valor económico e os recoñecementos son diferentes”.
Equipos participantes
FSF Castro, Vilalba FS, Monterroso FSF, Lieders Futsal, Concello de Begonte, UD Pastoricense, Korreos Guitiriz, Os Meigallos FS e Taboada Feminino son os conxuntos que participaron na competición feminina.
O vindeiro 1 de novembro disputaranse as semifinais, Vilalba FS-Lieders Futsal e FSF Castro-Monterroso FSF.
Na categoría masculina competiron SD Xove, Prone Lugo AD, Ribeira FS, Santa Isabel Outeiro de Rei F.S., Praias de Barreiros, Vilalba FS, Concello de Begonte e CP Casás. As semifinais, que se xogarán tamén o 1 de novembro, serán Lugo Sala-Concello de Begonte e SD Xove-Vilalba FS.




















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
