Mondoñeodo, 21 de setembro, 2019. A Alcaldesa de Mondoñedo, Dna. Elena Candia e o Concelleiro de Deportes, D. Manuel Tapia, como colaboradores, e D. Pepe Sánchez, como representante da empresa Champiochip Norte, organizadora do evento, veñen de presentar a II edición da carreira Mondoñedo Monumental que terá lugar na cidade episcopal na mañá do vindeiro domingo día 29 de setembro de 2019.
Trátase dunha carreira que une o deportivo e o monumental que se desenrolará por lugares emblemáticos do Casco Histórico de Mondoñedo. Haberá tamén unha andaina solidaria dende a Praza da Catedral ata o Salto do Coro.
Esta actividade deportiva está englobada dentro da iniciativa Tourmariña: circuíto de carreiras populares pola costa lucense.
Os horarios das diversas carreiras, que terán lugar en Mondoñedo, serán:
11:00h. Andaina solidaria (Salto do Coro)
11:15h Cativos 200m
11:20h Sub-10 800m
11:30h Sub-12 1600m
11:40h Sub-14 e Sub-16 2400m
12:00h Adultos: 5.200m.
Inscricións percorridos e horarios en www.tourmariña.com























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
