
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co presidente de Alcoa, Álvaro Dorado.
Compostela, 2 de setembro, 2019. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe na necesidade de que o Goberno central garanta unha estabilidade ao sector que permita manter a actividade de Alcoa e os postos de traballo de toda a plantilla.
Durante unha xuntanza este mediodía co presidente de Alcoa, Álvaro Dorado, Feijóo urxiu, unha vez máis, ao Executivo de Pedro Sánchez que asuma a súa responsabilidade e aprobe o estatuto útil que prometeu para garantir un marco normativo que faga máis seguro e competitivo o territorio español para este tipo de industrias. Non en van, subliñou que o gasto de Alcoa en enerxía supón máis do 40% dos custos totais da produción, moi superior a outras fábricas de Europa, dado que o prezo do megavatio hora subiu un 50% nos dous últimos anos.
Así mesmo, recordou que da súa man está ademais a aprobación da ampliación de 90 a 200 millóns de euros das compensacións dos gastos indirectos de CO2 que prometeu e que aínda non se produciu.
Diante desta situación, o responsable do Goberno galego trasladou ao longo da xuntanza a confianza de que a anunciada visita da ministra de Industria en funcións, Reyes Maroto, á factoría de Alcoa San Cibrao sirva para definir o contido do borrador do Estatuto do consumidor electrointensivo suficiente para garantir un prezo competitivo, garantindo unha resposta aos traballadores de Alcoa San Cibrao e a Parter na Coruña, así como ao cómputo da industria electrointensiva galega, que abastece a máis de 5.000 familias.
Pola súa banda, Feijóo reiterou que a Xunta seguirá ofrecendo o seu máximo apoio aos traballadores e poñéndose, como fixo ata o de agora, a disposición das empresas, sempre cunha prioridade: garantir o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da actividade industrial.
Como proba deste compromiso, o presidente do Executivo galego avanzou na xuntanza que o vindeiro xoves reunirase co comité de empresa de Alcoa San Cibrao.




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



