Cervo, 24 de setembro 2019.- O Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario.
O rexedor, Alfonso Villares, asinou o contrato coa persoa adxudicataria do local número 3, Mª Reyes Quelle Fra, que ten previsto iniciar proximamente a actividade dun Centro Terapéutico que bautizou como “Pasiños na Lúa”, xerando así “un recurso sociocultural, rehabilitador e dinamizador para todas aquelas persoas que presentan algún tipo de limitación, sexa cal sexa, na súa anatomía, no seu patrón condutual-emocional, na súa contorna, na súa fisionomía, ou simplemente que estea a pasar por un mal momento que lle limite desfrutar ao cento por cento da vida”, segundo explicou a adxudicataria deste espazo.
Tal e como explicou Villares “con este novo proxecto cubrimos a totalidade dos locais que acondicionamos no edificio das Antigas Cabalerizas e que puxemos a disposición das persoas emprendedoras por un aluguer simbólico, que rolda os 20 euros mensuais”.
O rexedor subliñou que “é unha satisfacción poder ver culminar este proxecto no que tanto empeño puxemos desde este equipo de Goberno, e que agora podemos ver que é unha realidade”. Villares puxo en valor, así mesmo, “o impulso e o dinamismo que lle outorgan este novos negocios ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que atrae cada vez máis visitantes que poden desfrutar dunha contorna natural única, aderezada agora con diferentes actividades que lle dan, sen dúbida, ese valor engadido”.
No Centro de Emprendemento están instalados o establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais “Serea Surfboards”, o obradoiro creativo con tenda e estudo de tatuaxes “Enigma”, o centro ecuestre “Cabaliño de Pao”, o café bar cultural “A Sacabeira”, e o establecemento de alimentación ecolóxica “Marmeladas A Morena”.
Villares precisou que a ocupación total do Centro avala a “importante aposta que fixemos para poder poñer en marcha este proxecto concibido cun dobre obxectivo; por unha banda co fin de darlle ese impulso ao Conxunto Histórico; e por outra para ofrecerlle a estas persoas emprendedoras unha opción para poder iniciar a súa actividade facendo fronte a un custe asumible”.
O alcalde subliñou que foron moitas as persoas interesadas nestes locais e que, se ben nestes intres non dispoñemos de máis oferta, “estudaremos a posibilidade de habilitar novos espazos municipais para fins similares”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



