Lugo, 21 de setembro de 2019. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, participou este sábado no XII Pleno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), unha asemblea celebrada en IFEMA, Madrid, na que, despois das eleccións locais de maio, se renovaron os órganos de goberno da entidade, que presidirá de novo o Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e no que se fixaron as liñas de acción do municipalismo para este mandato 2019-2023.
Na apertura do Pleno participou o Ministro de Agricultura, Pesca, Alimentación e Política Territorial, Luis Planas, o presidente da FEMP, e o Alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, entre outras autoridades.
Durante a xornada, na que se acreditaron máis de 5.400 entidades locais de toda España, aprobáronse unhas 300 propostas de resolución, entre as que destacan a negociación dun novo sistema de financiamento que trate en igualdade de condicións ás entidades locais e as comunidades autónomas, e a recuperación da autonomía local, sobre todo en materia económica para que concellos e deputacións provinciais poindan investir libremente os recursos do superávit, así como a reforma da administración local e a reivindicación de que a transferencia de competencias aos gobernos locais por parte das comunidades autónomas vaian sempre acompañadas de dotación de financiamento.
O Presidente da Deputación, que asinou no Libro de Ouro da FEMP, destacou a importancia de participar neste Pleno da entidade porque nel defínense as directrices que se desenvolverán neste mandato para contribuir á mellora do funcionamento das deputacións e con elo da calidade de vida da veciñanza.
De feito, José Tomé entrará a formar parte nesta nova etapa da FEMP da Comisión de Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares, na que, entre outras moitas iniciativas, impulsaranse medidas para definir o marco competencial das institucións provinciais, afondarase no debate sobre a participación dos gobernos locais no deseño, programación e execución dos fondos europeos, traballarase para articular a participación activa das entidades locais na elaboración por parte do Goberno dunha estratexia nacional frente ao reto demográfico e reivindicarase un axeitado financiamento dos plans provinciais de cooperación.

















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



