Valadouro, 27 de setembro de 2019. Este ano celebramos, a XXXII edición da Feira do Mel do Valadouro que alá polo ano 1986 empezaran un grupo de apicultores naturais do concello. Desde fai uns anos, o concello encárgase de organizar este evento de gran relevancia a nivel provincial e incluso inter-autonómico. Con esta feira dase a coñecer un produto de gran calidade e que recolleu numerosos premios nas catas de Mel de Galicia como é ouro líquido: mel.
Nesta edición, a base do cartel principal da Feira estará deseñado polos alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria Santa María do Valadouro. Tamén para estas idades, a Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia ofertará unha conferencia denominada “o doce mundo do mel” para nenos e nenas de Primaria.
A data escollida, nesta ocasión e como acontece nos últimos anos, é o segundo sábado de outubro: Festividade e Día do Pilar. E vaise celebrar pola rúa Andrés López Palmeiro con numerosos postos de artesanía e mel (principalmente de Valadouro, anque en esta edición cóntase con varios postos de fora do concello). De todos modos, se alguén desexa participar cun posto de produtos de tempada (mel, castañas, cogomelos, hortalizas, froitas, …) ou artesanía poden poñerse en contacto co concello do Valadouro en horario de 10:00h. a 14:00h e de 16:00h. a 20:00h. de luns a venres ata o 4 de outubro.
A actividade comezará coa apertura da feira ás 10:00h. pola rúa e, un poquiño máis tarde, ás 11:00h. comezará unha serie de showcookings (demostracións de receitas de cociña) ata as 13:00h.
Desde as 11:00h. contaremos cunha locomotora asadora de castañas e que as vai a repartir, entre todos os asistentes de maneira e como de costume, gratuitamente.
Ás 12:00h. fará un pasacalle polo mercado a asociación cultural Amado Lar para dar paso a apertura da ruta de tapeo polos locais hostaleiros do Valadouro. Nesta ocasión, os locales ofertarán durante todo o día dúas tapas gratuítas de tempada nas que nos podemos atopar como base o mel, a mazá, a castaña, a nos, os cogumelos, …etc.
Ó remate da xornada da mañá, realizaremos un sorteo entre todos os asistentes cun lote de produtos donado polos postos da feira.
Xa de tarde, e a partir das 15:30h, contaremos cun obradoiro de pintacaras, globoflexia e inchables para todos os nenos que se queiran achegar ata o recinto feiral.
A partir das 19:00h. teremos a típica e tradicional degustación de freixoós con mel e para rematar o segundo sorteo de lote produtos doado polo postos da feira.
Desta maneira, queda clausurada a XXXII Feira do Mel- Mercado de Outono para darlle paso á segunda parte da ruta de tapeo polos locais hostaleiros. Unha ruta que nesta ocasión vai estar animada polo grupo Festicultores Troupe.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



