A seguinte saída será para o 2 e 3 de Novembro, por terras de Ourense, Puebla de Sanabria, Santuario das Ermidas e a Festa da Castña de Riós.

Entregaron os agasallos a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, e o concelleiro Alfredo Fernández. 1º Premio: Banco de Loiba, de Diego Pérez Dopico. 2º Premio: Bolboretas: sementadoras de vida, de Germán Paleo Navarro e Paz, de Marcial Fernández. TOP CERVO: Ruínas, de Consuelo Fra Fernández e Paz, de Marcial Fernández. Mención especial para Adaoemam A Mariña "por ser sempre tan participativa en todas cantas iniciativas se promoven desde o Concello".
Este 5 de xullo, como todos os primeiros sábados de mes, reclamaron unha vez máis unhas pensións dignas.
Á cita acudiron máis dun centenar de persoas. No espectáculo, que atraeu a un numeroso público, realizouse unha viaxe emocional pola historia do mar galego, fiado a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. A obra recupera vivencias de naufraxios na Costa da Morte, rendendo homenaxe tanto a quen perdeu a vida no mar como a quen quedou en terra: viúvas, orfos e persoas que prestaron auxilio, co obxectivo de que as súas historias non caian no esquecemento.
Resultaron gañadores na Categoría SUB 15: Los Reversos. Categoría Sénior: Doloringues. Entregaron as medallas os edís Alfredo Fernández e Adrián Arias. As actividades seguen o martes, 8 de xullo, coas Noites de Fútbol Praia.
Prolongarase ata a primeira semana do mes de setembro “co obxectivo de axudar na conciliación familiar e laboral ao longo de todo o verán”, explica a súa directora, Raquel Hermida. A Escola de Minitalentos, dirixida a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, abre de oito da mañá a tres da tarde: “os asistentes poden incorporarse ás actividades e talleres ao longo da mañá”.
Tirando sempre de creatividade e imaxinación, tamén aproveitaron para saír a mercar froita ao Mercado que se celebra cada xoves na Praza dos Campos. Unha forma tamén de fomentar a alimentación saudable e a aprendizaxe activa.
O sábado a partir das 21h espectáculo de narración oral a cargo de Lîlâ Teatro coa obra "Estremonías da Silva" e á súa finalización, música tradicional con Os Carricantos. O domingo, toca sesión vermut da man de José Brea & Miguelón a partir das 13h, para disfrutar dun aperitivo antes do xantar. Como sempre, acompañado das tapas de Galiana e do mellor ambiente.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital