Compostela, 15 de outubro, 2019. No transcurso da pregunta ao Presidente da Xunta, a portavoz nacional do BNG afirmou que a “grande achega de Feixóo ás empresas electrointensivas foi vetar sistematicamente todas as propostas do BNG para abaratar a electricidade”. Pontón reclamou unha Tarifa industrial eléctrica galega que reduza as peaxes para que Galiza se beneficie dos seus recursos.
Pontón asegurou que estes datos se corresponden coa peor crise industrial dos últimos anos provocada pola “incompetencia” do Partido Popular que pon en risco a máis de 7.000 postos de traballo e afecta a comarcas enteiras como Vigo, A Coruña, Costa da Morte, Ferrolterra e por suposto, A Mariña. O seu legado, dixo Pontón a Feixóo, é “unha desertización industrial”. E fronte a isto, continúa buscando escusas e botando balóns fóra cando Galiza o que precisa é solucións.
Galiza, remarcou Pontón, necesita un Goberno de verdade e non un goberno floreiro, que adorna pero non serve para nada máis. “A Xunta debe estar ao servizo do país, non como o seu salvavidas particular”. Necesitamos solución para ALCOA, Endesa, Ferroatlántica, R, Vulcano, Barreras e Poligal Isowat.
O PREZO DA ENERXÍA PRINCIPAL FACTOR DA CAÍDA DE ALCOA
Neste sentido, afirmou que o prezo da enerxía está colocando 2.000 empregos directos na Mariña, e incontabéis indirectos, pendentes dun fío polas dificultades de Alcoa para continuar coa súa actividade e preguntou “onde están as solucións da Xunta de Galiza?”. Estivo vostede coa Ministra na fábrica de San Cibrao, e o resultado foi unha rolda de prensa na que tiveron a cara de dicir que o problema é o prezo da enerxía? Onde estaba o PP e o PSOE cando o BNG propoñía unha tarifa eléctrica galega? Onde estaba o PP e PSOE cando defendíamos que temos dereito a beneficiarnos da nosa propia produción eléctrica? Pois dígollo eu, exactamente estaban onde están hoxe: “Mirando para Madrid en vez de para Galiza”.
A portavoz nacionalista reiterou que a grave crise industrial galega precisa alternativas e o BNG defendeu en moitas ocasións unha tarifa industrial estábel e competitiva, unha tarifa tarifa eléctrica galega que reduciría as peaxes porque temos dereito a beneficiarnos dos nosos recursos e para compensarnos polo noso papel produtor e pola contaminación.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



