Ribadeo, 4 de outubro de 2019. Durante o pasado mes de setembro pasaron polas oficinas de turismo de Ribadeo e das Catedrais 21.672 persoas. A ocupación hoteleira roldou o 60%. Os datos deunos a coñecer no día de hoxe o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso.
O edil nacionalista contou que “a oficina de turismo da vila abriu tódolos días en horario de mañá e de tarde, incluído o 8 (festivo local), no que non se abrira o ano anterior, contabilizando un total de 5.631 viaxeiros. Na oficina da vila os días con maior afluencia foron o 4 de setembro con 340 persoas e o 19 de setembro con 293 visitantes. No punto de información turística da praia das Catedrais rexistráronse un total de 16.041consultas. Os días de maior afluencia foron o 2 de setembro con 810 persoas e o día 13 con 801viaxeiros atendidos”.
Sobre as pernoitas Pablo Vizoso explicou que “segundo os datos rexistrados nesta oficina relativos aos viaxeiros que se aloxan en Ribadeo, o total de persoas aloxadas nos establecementos deste concello foi de 2.440 persoas, das cales 436 se informaron no punto de información turística das Catedrais e 2.004 o fixeron na oficina de turismo de Ribadeo. Despois de facer unha sondaxe entre os establecementos hoteleiros do concello, a ocupación neste mes de setembro foi dun 60%”.
O concelleiro de Turismo referiuse tamén á procedencia das persoas que visitan Ribadeo: “Madrid segue a ser o principal emisor con 2.740 persoas entre as dúas oficinas. Na oficina da vila as seguintes rexións emisoras son Castela e León e Andalucía e no posto de información das Catedrais son Galicia e Andalucía. No tocante ao turismo estranxeiro, os viaxeiros procedentes de Francia son os que máis visitaron o noso concello neste mes de setembro, xunto cos procedentes de Alemaña e Arxentina. Outros países emisores destacables foron Reino Unido e Italia. Na oficina de Ribadeo cabe salientar tamén o incremento dos turistas procedentes de Oceanía con respecto ao ano pasado, en concreto de Australia e Nova Zelandia”.
Vizoso subliñou que “o turismo procedente do resto do estado supuxo algo máis do 80% e o estranxeiro aproxímase ao 20%”.
O edil ribadense engadiu que “tamén é importante o turismo organizado que chega a Ribadeo. Un total de 102 grupos con 4.996 persoas acudiron a solicitar información ás nosas oficinas durante o pasado mes. Na oficina de turismo do centro contabilizáronse un total de 32 grupos organizados con 1.449 persoas, mentres que polo punto de información da Praia das Catedrais pasaron un total de 70 grupos con 3.547viaxeiros”.
Pablo Vizoso manifestou que “tamén hai que destacar que foron 517 peregrinos foron os que solicitaron información na oficina de turismo da vila, o que supón un lixeiro incremento con respecto do mesmo mes do ano pasado, isto mostra un crecemento continuo dos peregrinos que elixen o Camiño Norte ó seu paso polo noso concello na súa peregrinaxe cara a Compostela”.





















O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



