A Mariña, 10 de outubro, 2019. A multitudinaria concentración celebrada en Xove na noite do mércores foi un berro unitario da provincia de Lugo para reclamar ao Goberno central a adopción das medidas políticas, que só el pode tomar, para garantir o futuro de Alcoa-San Cibrao. Foi a demostración indiscutible de que a recente visita da ministra de Industria, Reyes Maroto, a esta planta, fundamental para Lugo, non pasou de ser un paseo que deixou máis preocupación da que xa había, porque foi incapaz de dar a coñecer medidas concretas para asegurar o futuro de Alcoa. A presidenta provincial do PP, Elena Candia, pon o foco nos alcaldes socialistas e nos socialistas lucenses en xeral para pedirlles que fagan entender ao Goberno central que ten que aportar xa as solucións necesarias para a supervivencia desta industria: un marco tarifario estable da enerxía eléctrica e un estatuto para industriais electrointensivas, entre outras.
Elena Candia considera que o PSOE tivo o mércores a oportunidade de comprobar moi claramente, sen dúbida algunha, que A Mariña non creu á ministra Maroto e tampouco os cre a eles». Na concentración participaron entre outros líderes populares lucenses, ademais da propia Elena Candia, os candidatos ao Congreso por Lugo Jaime de Olano e Joaquín García; o candidato ao Senado José Manuel Barreiro; José Manuel Balseiro, alcaldes, portavoces e concelleiros populares na Mariña e noutros comarcas, así como deputados provinciais.
A presidenta provincial do PP apunta directamente á responsabilidade dos alcaldes socialistas e recoméndalles «que se sumen a esta causa». Non comprende que non o fixeran xa de modo decidido e que avalen actitudes que non van na liña da reclamación firme ao Goberno das medidas que son necesarias para garantir o futuro de Alcoa, que representa máis do 30% do PIB da provincia e xera máis de 1.100 postos de traballo directo e varios miles máis indirectos. Candia espera que os alcaldes socialistas reaccionen dunha vez e reclamen do Goberno que adopte as solucións que reclama a sociedade lucense para encarrilar con seguridade o futuro de Alcoa.
Na mesma liña, Elena Candia pregúntase se os alcaldes do PSOE na provincia, pero sinaladamente na comarca da Mariña, van ser capaces de pedir o voto para Pedro Sánchez se o seu Goberno non da os pasos esenciais para garantir o futuro de Alcoa. «Pedirán os votos para Pedro Sánchez despois do abandono en que o Goberno está a deixar A Mariña?». Candia recorda que durante a concentración en Xove en defensa de Alcoa, o representante dos traballadores destacou que se antes do 10 de novembro o Goberno non fixa un marco tarifario estable e viable para as industrias que son grandes consumidoras eléctricas a empresa tomará decisións que non serán agradables. É necesario establecer prezos para a enerxía que permitan competir a Alcoa-San Cibrao con industrias similares en Francia e Alemania. Os veciños da Mariña, é motivo de gran preocupación que a ministra Maroto, en plena precampaña das eleccións xerais, non fora capaz de dicir «tranquilos que teño solucións».
A súa vez, o cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo, Jaime de Olano, declarou: «La visita de la ministra de Industria a Alcoa fue muy decepcionante. No hubo ni una sola oferta concreta, ni una propuesta de solución. Se limitó a repetir lo que viene diciendo desde hace más de ocho meses en cuanto a que van a aprobar el estatuto para las industrias electrointensiva, pero ni siquiera fue capaz de adelantar a la Xunta y a los trabajadores algo del contenido de ese estatuto. Al igual que los trabajadores, creemos que la situación de la empresa puede calificar de emergencia y grave crisis». Engadiu: «Vistos los antecedentes, visto lo que pasó con la planta térmica de Endesa en As Pontes, a la vista de lo publicado por un periódico en el sentido de que la ministra de Transición Ecológica pretendió que se retrasase la pretensión de cierre de la planta hasta después de las elecciones, algo nos hace pensar que la ministra de Industria puede pretender ganar tiempo para tomar decisiones que a ninguno nos gustaría que fuesen tomadas».
Polo seu lado, José Manuel Barreiro, candidato ao Senado, expresou o «apoio incondicional aos traballadores de Alcoa e as súas familias; nós faremos eixo central da nosa acción política a esixencia de solucións para o mantemento de Alcoa, para garantir o seu futuro». Engadiu: «Quero deixar claro o firme compromiso de que se gobernamos sacaremos adiante o estatuto electrointensivo». Barreiro cargou contra o PSOE e os seus representantes en Galicia e na provincia pola falta de compromiso na defensa de Alcoa.

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



